Un deporte, unha pasión...

Primeiro Club de Balonmán en Santiago de Compostela

Conctata con nos no ribadosar@gmail.com

mércores, 31 de maio de 2023

Final 4 alevín 5 sábado 3 de xuño en Carballo


O próximo sábado 3 de xuño en Carballo, os nosos alevíns xogan os cuartos de final que lles dará acceso a final 4 Ouro ou final 4 Prata dependendo se gañan a eliminatoria ou non.

Os cuartos de final tócanos xogar contra o Calmear Rasoeiro BM as 10:45 da maña do sábado, según o resultado deste partido temos que consultar o seguinte cadro onde podemos ver os demais partidos.

 






mércores, 24 de maio de 2023

Fase eliminatoria dezaseisavos e oitavos de final benxamín 5

Este sábado xoganse os dezaseisavos e oitavos de final en Bueu no pavillón Pablo Hervello Novas.

Os noso  benxamín enfrontanse ao Carballal A as 15:30, partido eliminatorio que che da o paso aos oitavos de final. 

As 17:45 temos outro encontro que o rival depende si gañamos o dezaseiavos de final ou non. En funcion de si gañamos ou perdemos xogamos contra o gañador ou perdedor do encontro entre o Maquisaba Xiria A vs Valinox Novás C. 

Moita sorte aos nosos benxamíns e apolos cuartos de final.💪


Aquí podes ver toda a configuración da eliminatoria



mércores, 17 de maio de 2023

COPA 5X5 DEPUTACIÓN DA CORUÑA CAMARIÑAS

O próximo sábado 20 de maio xogase na Plaza de Abastos Camariñas  a fase final da copa 5x5 Deputación da Coruña na que os nosos equipos benxamín e alevín se clasificaron para dito evento.


A competición constará de unha liga de todos contra todos a unha volta (2 tempos de 10
minutos cada partido).
Clasificaranse para a final o mellor equipo de cada grupo.
Puntuación do torneo: 3 puntos parte ganada, 2 puntos parte empatada e 1 punto parte
perdida

Grupos:



Calendario:


Podes ver todos os partidos aquí








martes, 9 de maio de 2023

Torneo Ascensión 2023

 O próximo sábado 13 de maio pola maña imos celebrar o Torneo da Ascensión no pavillón Quiroga Palacios.

Participan neste torneo todos os xogadores/as do noso club das distintas categorías.

Tratase de pasar unha maña de festa do balonmán entre todos e  aproveitar para que se poidan ver e coñecer os xogadores das distintas categorías.



Horarios:


mércores, 3 de maio de 2023

Resume pasada xornada e horarios para este fin de semana

O pasado fin de semana foi moi intenso cos mais pequenos do club.

Os nosos alevíns viaxaron a Coruña  onde gañaron os dous encontros. Finalizaron a primeira fase clasificándose no terceiro posto do seu grupo o que lles da unha praza para os cuartos de final. Polo de agora toca descansar ata que saian publicados os horarios e sede dos cuartos de final que se esperan para o fin de semana do 21 de maio.


Os Infantís viaxaron a Pontevedra onde  disputaron un partido moi bo contra un Teucro que se levou os dous puntos. Nesta xornada finalizouse a segunda fase de competición na que a pesar do que se ve na táboa clasificatoria, puidemos ver a melloría de todos os membros do equipo.

Os benxamíns viaxaron a Oleiros onde xogaron dous partidos. Empataron un e gañaron o outro, moi boa evolución dos mais pequenos que están nos postos para loitar polos dezaseisavos de final faltando so dous partidos. Clasifican os 9 primeiros do grupo ABC Norte

Xa para esta fin de semana temos os dous ultimo partidos de fas cos benxamíns en Arteixo. E co equipo xuvenil temos o Torneo de Santa Rita no pavillón de Carril.

O torneo de xuvenil será o sábado durante todo o día empezamos o primeiro partido as 12:00 contra o BM Arousa comeremos e logo pola tarde xogase as 18:00 horas terceiro e cuarto posto e as 19:30 a final.

O resto de equipos descansan esta próxima xornada.



mércores, 26 de abril de 2023

Resume da pasada xornada. Programación para o 29-30 de abril

O pasado fin de semana xogou o equipo infantil contra o Liceo no Quiroga Palacios. Moi bo xogo dos dous equipos no que os dous puntos se foron cada Coruña.

Os benxamíns xogaron 3 partidos en Abegondo (xornada 20) cos seguintes resultados:

Bm Culleredo Dentalara Fonteculler vs Bm Ribadosar 6 - 10

Culleredo BM O Graxal Seone-Freire vs Bm Ribadosar 4 - 12

Bm Linea21 Reformaas Coruña vs Bm Ribadosar 4 - 12



Este sábado  viaxan a Coruña os alevíns a xogar os derradeiros partidos da 1ª fase.

Domingo os benxamíns a Oleiros e os infantís a Pontevedra tamén o derradeiro partido da 2ª fase.


 

martes, 18 de abril de 2023

Resume xornada pasada e horarios para o 22 de Abril

Este pasado fin de semana viaxamos cos infantís a Vigo, un partido complicado no que nos fixemos cos dous puntos.



Os equipos benxamín e Alevín estiveron no balonmán na rúa o sábado na fase clasificatoria conseguindo clasificarse para semifinais o equipo benxamín e os dous equipo alevíns presentados. O domingo xogamos as semifinais e clasificamos para a final o equipo benxamín e un dos dous alevíns. O Benxamín Proclamouse campión da súa categoría dándolle unha praza na fase final que se prevé xogar en Camariñas o próximo 19 a 21 de maio. O Alevín perdeu na final pola mínima contra o Culleredo.



Os xuvenís  viaxaron o domingo a Carril a disputar un partido amigable co BM Arousa. O equipo completouse con xogadores cadetes. O partido acabou en táboas.


Un fin de semana cheo de boas sensacións.

Xa de cara a este fin de semana temos os infantís que xogan na casa o sábado pola mañan e os benxamíns que viaxan a Abegondo.

Os demais equipos descansan este fin de semana.



 









mércores, 12 de abril de 2023

Axenda para o 15 e 16 de Abril

Despois do parón de Semana Santa seguimos con balonmán. Os nosos infantiles viaxan o sábado pola mañana a Vigo.

Os benxamín e alevín este fin de semana teñen un torneo en Culleredo Balonmán na Rúa 5x5 que se xoga na praza da igresa de Vilaboa (Culleredo)

A competición constará de unha liga de todos contra todos a unha volta (2 tempos de 10

minutos cada un).

Clasificaranse para a xornada do domingo (semifinais e finais) o mellor equipo de cada

grupo.

Puntuación do torneo: 3 puntos parte ganada, 2 puntos parte empatada e 1 punto parte

perdida.


En caso de clasificarnos para o domingo serian estes horarios


Os equipos xuvenil e cadete xa acabaron a competición oficial, estamos a ver si organizamos algunha actividade con outros clubes. 




martes, 28 de marzo de 2023

Axenda para o 1 e 2 de abril

 Esta fin de semana os noso infantís teñen dúas xornadas na casa.

O sábado xogamos contra o Bm Porriño e o domingo o partido aprazado polo mal estado da pista contra o Rasoeiro.

Os benxamíns e alevíns descansan esta fin de semana ata despois de Semana Santa.

O equipo cadete acabou a primeira fase e o xuvenil a segunda fase. Ámbolos dous equipos están a espera por se convocan unha nova fase por parte da Federación Galega.

Esta Semana Santa dámoslle descanso a todos os equipos. Voltaremos aos adestramentos o luns 10 de abril.





martes, 14 de marzo de 2023

Horarios para o 18 de marzo

Este fin de semana os infantís viaxan a Carril o sábado pola mañan. Todos os demais equipos descansan este fin de semana.



mércores, 8 de marzo de 2023

mércores, 1 de marzo de 2023

Horarios dos nosos equipos para o 4 e 5 de marzo

Este fin de semana o equipo xuvenil xoga o sábado no pavillón de O Restollal contrao BM Tui, os infantis xagan o domingo contra o linea21 en A Coruña, os cadetes e os benxamins descansan.

Por outro lado os alevíns teñen un torneo no campus da usc o domingo, do que sabemos que empezan as 11:00 pero ainda non temos as horas de todos os partidos. Tan pronto sepamos os cruces de alevín publicaranse nas redes sociais do @bmribadosar






martes, 21 de febreiro de 2023

Horarios para o fin de semana do25 e 26 de febreiro

Este fin de semana estamos a tope de balonmán. O sábado pola mañan xogan os benxamíns e alevíns en Carballo, os cadetes en Oleiros e xa o domingo no pavillón Quiroga Palacios xogan a primeira hora os infantis e as 12:00 o equipo xuvenil.





 

mércores, 15 de febreiro de 2023

Horarios para o sábado de entroido


A semana pasada acabou a primeira fase de Liga regular do equipo xuvenil no que acadaron o 4º posto da táboa, quedando a tan so 2 puntos do segundo clasificado.

Este sábado xogan os xuvenis contra o BM Chapela as 20:00 horas en Chapela, e os infantis en Vigo as 12:00 contra o Iberconsa Reconquista Vigo.

Os equipos cadete, alevín e benxamín esta fin de semana descansan.



martes, 7 de febreiro de 2023

Horarios para o fin de semana 11 e 12 de febreiro

 A estas alturas da tempada, o equipo infantil xa acabou a primeira fase de liga quedando nun moi bo sexto posto para un equipo con moitas caras novas. A seguir traballando para ver que tal se nos da a segunda fase, seguro que ben. Este fin de semana xogamos o sábado no Quiroga Palacios contra o Garaysa Xiria B.

O equipo Xuvenil xoga o seu derradeiro partido da primeira fase en viveiro. Os cadetes xogan contra o culleredo no Quiroga Palacios o sábado pola tarde.

Os benxamín e alevín descansan esta fin de semana.

Xa sabes este sábado partidos no Quiroga, todos no Quiroga. e o domingo a Viveiro. Recorda que temos autobús para os socios/as. Apúntate!!






martes, 24 de xaneiro de 2023

martes, 17 de xaneiro de 2023

Xornada de mini balonmán en Santiago

O próximo sábado 21 de xaneiro celebramos en Santiago no pavillón de Santa Isabel a sétima xornada de mini balonmán en categorías alevín e benxamín.

Esta e un xornada de concentración da liga provincial de min balonmán. Asisten equipos de Culleredo, Carballo e de Santiago.

O domingo 22 de xaneiro no pavillón Quiroga Palacios xogan os equipos infantil e cadete contra o Oar Coruña 1952.

O equipo xuvenil este fin de semana descansa.

Fin de semana cheo de balonmán en Compostela.











mércores, 11 de xaneiro de 2023

Xa estamos de volta do Nadal

Despois do descanso de nadal, os nosos equipos xa están a pleno rendemento, iniciados os adestramentos e a competición.

O próximo fin de sema, xoga o equipo xuvenil no pavillón do Restollal a decima xornada de liga contra o BM Culleredo Óptica Gallaecia, equipo que vai liderando a táboa.

O equipo infantil viaxa a Coruña para medirse co Academia Pluralia Linea 21 que esta no terceiro posto na táboa clasificatoria.

Os equipos benxamín, alevín e cadete descansan esta xornada. 

Todos no Restollall!!