Un deporte, unha pasión...

Primeiro Club de Balonmán en Santiago de Compostela

Conctata con nos no ribadosar@gmail.com

mércores, 29 de marzo de 2017

A semifinais!!! Parabéns.

O equipo cadete acaba de clasificarse para as semifinais da Copa Federación 2ª división galega ao quedar 2º de grupo, perdendo tan so contra o BM  Pontedeume 1º de grupo.

Os rapaces do Ribadosar Cadete están a facer un traballo moi bo, mellorando xornada tras xornada  e cada día con mais compromiso, a seguir traballando así.

O fin de semana dobramos xornada, o sábado xogamos contra o Lucus en Lugo, un partido no que tivemos sempre por diante no marcador pero moi axustado, un Lucus moi peleón ata o ultimo segundo, o marcador saldouse cun 27- 34 a favor do Ribadosar.
O domingo visitounos o Pontedeume co que estabamos empatados a puntos, este partido desfacía o empate. Prantexamos un partido a todo ou nada para ver si podiamos quedar 1º de grupo pero non foi posible, o Pontedeume estivo con un poderío físico que non estivemos ao nivel para podelos frear.  O marcador saldouse cun 24- 33 a favor do Pontedeume.

Con todo isto o Ribadosar pasa as semifinais de 2º de grupo, agora a dalo todo.


Parabéns.

UN, DOUS, TRES,  ARRIBA RIBADOSAR!!!! 

Bases da Copa Federación Cadete M. e datas das semifinais 

Horarios sábado 1 de abril

Este sábado empeza a Copa para os Infantís, nesta ocasión tócanos viaxar a Lugo. 

En categoría alevín temos o sábado as 16:30 unha preselección de xogadores para a selección provincial alevín.

Descanso para os benxamíns e cadetes nesta xornada.



martes, 21 de marzo de 2017

Horarios fin de semana

Este fin de semana estamos no Ribadosar a tope de Balonmán, o único equipo que non compite e o Infantil, que está a esperas do calendario da Copa.

En categoría benxamín imos a Camariñas cos dous Equipos

Os Alevíns xogan todos en casa salvo o Alca Ribadosar  e Alca Ribadosar I que adiantaron xornada.

Os cadetes dobran xornada, estando empatados a puntos co Pontedeume, que vai de primeiro a falta de dous partidos para o final de Cópa Federación. O sábado van a Lugo contra un Lucus “Peleón” e o domingo recibimos en casa ao líder de grupo.

Se queres ver balonmán en Santiago este fin de semana non tes desculpa. Estades invitados!!!!


venres, 17 de marzo de 2017

Campaña de micromecenado oncomet

Dende o Club Balonmán Ribadosar,  despois de enterarnos desde proxecto, queremos colaborar con este grupo de traballo, divulgando a súas investigacións e difundindo a súa campaña de micromecenado.

Podes consultar toda a súa actividade premendo na imaxe.



martes, 14 de marzo de 2017

Horarios sábado 18 de marzo



Campeonato Europa 2017 Junior Femenino

Este fin de semana (17 a 19 de marzo) temos ocasión de ver en Carballo ( Pavillón Vila de Noia) a Fase Clasificación W19 do Campionato de Europa 2017 Junior Feminino. 
Participan as seleccións Junior femeninas: España, Islandia, Lituania, e Romanía

A Federación Galega invita a todo o balonmán galego (xogadores, adestradores, oficiais, directivos e árbitros) a disfrutar do balonmán feminino nesta Fase de Clasificación e como non, a apoiar a nosa Selección. 
A entrada é gratuita para xogadores, adestradores, oficiais, directivos árbitros e siareiros

Contamos con todos vos para animará Selección!



STREAMING
Goza de todos os partidos en directo por streaming desde a canle da Real Federación Española de Balonmán en YouTube.

17/03/2017 – 17:00 h. | Lituania : Islandia |    

17/03/2017 – 19:00 h. | Rumanía : España |    

18/03/2017 – 16:00 h. | Rumanía : Lituania |  

18/03/2017 – 18:00 h. | España : Islandia |      

19/03/2017 – 1700 h. | Islandia : Rumanía |    

19/03/2017 – 19:00 h. | España : Lituania |    

xoves, 9 de marzo de 2017

Preseleción Infantil Masculina

O Noso xogador do equipo infantil Jorge Tourón Arias, esta convocado para a preseleción provincial infantil masculina. Noraboa Jorge.



1ª Convocatoria

martes, 7 de marzo de 2017

Horarios para o sábado 11 de marzo

Aprazamos a xornada que tiñamos en Santiago o próximo sábado 11 de marzo para o sábado 18 de marzo, para a semana publicaranse os horarios.

Os que si van a diante son os equipos alevíns e benxamíns que viaxan a Carballo, e o Cadete que nesta volta xoga en Arteixo. 

Aquí podes ver a configuración dos partidos para este fin de semana. Ver con mais detalle.


Polo súa banda o equipo infantil acabou a 1ª fase quedando nun 5º posto da táboa, agora permanecemos a espera para xogar a copa.






mércores, 1 de marzo de 2017