Un deporte, unha pasión...
luns, 21 de decembro de 2020
Bo Nadal 2020
martes, 15 de decembro de 2020
Horarios partidos para o 19 e 20 de decembro
mércores, 9 de decembro de 2020
Horarios partidos sábado 12 de decembro
martes, 1 de decembro de 2020
Horarios partidos fin de semana 6 de decembro
Este fin de
semana tocábanos xogar co equipo cadete feminino contra o Balonmán Brigantium. Estes
partidos aprazáronse para o 24 e 31 de xaneiro a petición do brigantium, así
que toca descansar as nosas xogadoras.
martes, 24 de novembro de 2020
Horario de partidos para o fin de semana 28 e 29 de novembro
martes, 17 de novembro de 2020
Programación de partidos para o fin de semana.
Este fin de semana toca xogar todos os partidos fora da casa, agás o de cadete feminino que se aprazou a petición do BM Camariñas.
No cartel podes
ver a configuración de como quedan.
Pincha aquí para ver horarios de saídas e ubicación dos pavillóns
martes, 10 de novembro de 2020
Seguimos!!
Aquí tes o cartel para esta fin de semana. Esta xornada seguimos cos partidos a porta pechada.
Aquí podes ver o vídeo do partido sénior masculino e os resultados da xornada pasada.
mércores, 4 de novembro de 2020
Horarios partidos 7 de novembro
Cartel onde podes consultar os partidos desta fin de semana. Mais info, como horas de saída do bus etc. en https://sites.google.com/site/ribadosar/horarios-partidos
xoves, 29 de outubro de 2020
Comezo de competición 20/21
Chegou o momento tan esperado, o sábado 31 de outubro despois de varios aprazamentos a causa da COVID-19 parece que podemos empezar a competición en 2ª autonómica co noso equipo sénior.
Un equipo novo, que
comeza con moita ilusión a pesar da situación que estamos a vivir. Este equipo
esta formado por xogadores que saen da canteira e xogadores novos que están a facer
a súa vida nestes intres en Compostela. Dende aquí damos a benvida aos todos
eles, esperamos facer unha moi boa tempada a pesares de todas as restricións
que estamos a ter.
Podes coñecer aos xogadores do equipo sénior tempada 20/21 pinchando aquí e logo en plantilla.
O sábado xogamos en
Santa Comba co BM Xallas un equipo tamén novo pero con experiencia xa dunhas
tempadas na categoría. Desexamos bo debut para os nosos.
1.
Utilización
da máscara. Os xogadores, técnicos utilizarán unha específica aprobada en asemblea
da federación. O público en caso de permitirse (depende de cada concello) tamén
debe dispoñer de máscara de protección neste caso igual que na rúa
2.
Xogaremos
os partidos de ida e volta nun período de 15 días para minimizar os riscos la
COVID-19
3.
Temos
que ter un listado de todos os asistentes, para elo teñen que inscribirse antes dos mércores no seguinte Formulario e asistir logo co seu DNI e mostralo no acceso a instalación/autobús
4.
Tomaráselle
a temperatura a todos os asistentes (xogadores, técnicos, publico, etc) ten que
ser inferior a 37,5º C para poder asistir, tanto no autobús coma na entrada da instalación.
5.
Desinfección
de mans tal e como indican o protocolo.
6.
O
público ten que estar na grada, sentado, gardando a distancia de seguridade
(incluso con convívente) e con mascara en todo momento. Se non se cumpre este requisito
será expulsado da instalación. O aforo esta limitado dependendo da instalación.
No que respecta
as demais categorías aprazouse o seu inicio. Estase a estudar un novo modelo de
competición que se aprobara estes días. Manterémosvos informados das novas.
mércores, 21 de outubro de 2020
AGRADECEMENTOS!!
Dende o 12 de marzo a nosa sociedade esta a vivir unha situación moi complicada pola COViD-19.
Temos que adaptar
todas as nosas tarefas con cambios sen moita marxe de manobra. Isto supón moito desgaste físico e emocional a todos
nos.
Por iso quero
agradecer as Familias toda a
confianza que están a depositar no noso traballo. E un traballo voluntario pero
que o tomamos coa máxima profesionalidade formándonos nos distintos escenarios
que nos toca vivir para cometer os menos erros posibles.
Tamén como non agradecer
a Federación Galega de Balonmán todo
o traballo e esforzo que esta a facer. Sabemos que esta situación que estamos a
vivir provoca un desgaste persoal moi grande, eles e elas seguen adaptándose
aos escenarios tan cambiantes que temos todos os días, Preparando protocolos, adaptando
competicións, estudios de máscaras, e un longo etc.
Tamén agradecementos
para Departamento de Deportes de
Santiago por tanta paciencia con nos, a Prensa por darnos difusión ao balonmán, e as distintas Persoas que colaboran desinteresadamente
con nos.
Entre todos estades
facendo un gran traballo polos nenos e nenas que lles gusta o balonmán na Comarca
de Santiago.
Moitos ánimos!!
Unidos podemos facer
cousas Grandes
MOITAS GRAZAS!!
Ricardo Vázquez
Presidente BM Ribadosar
MÁSCARA OFICIAL TEMPADA 2020/21
Ultimamente estamos a ver opinións de todo tipo sobre as mascaras, si son boas, si son malas e un longo etc. de opinións.
Neste articulo queremos compartir o documento que nos foi enviado dende a Federación Galega de Balonmán para explicar o porque da mascara. Espero que con este documento queden aclaradas todas as dúbidas sobre a máscara.
No BM Ribadosar xa fixemos a primeira compra para darlle unha a cada xogador/a, están a chegar.
Pincha aquí para ver o documento
mércores, 7 de outubro de 2020
Protocolo Fisicocovid-DXTGalego Federacion Galega de Balonmán
Clic aquí para poder ver o PROTOCOLO FISICOVID-DXTGALEGO revisión 02 04/10/2020
xoves, 1 de outubro de 2020
Horarios adestramento. Semana do 2 ao 9 de outubro
Publicamos os horarios de adestramento que se aplicaran para a semana do 5 ao 9 de outubro.
Estes horarios son os que teremos ata que desapareza a limitación de máximo 10 persoas en Santiago.
mércores, 23 de setembro de 2020
Horarios adestramentos Tempada 20/21
Estes son os horarios que temos de adestramentos para a tempada 20/21.
Por motivo do covid-19 e as posibles restricións que nos poidan aplicar, pode afectar a estes horarios.
Calquera modificación destes publicarémola nas redes sociais oficiais do club Balonmán Ribadosar.
sábado, 19 de setembro de 2020
Voltamos!!
No día de onte, a Xunta de Galicia publicou no Diario Oficial de Galicia unha modificación na orde do 21 de xuño de medidas de prevención para facer fronte á crise sanitaria provocada pola COVID-19, na que se autoriza a realización de adestramentos e competicións con contacto, sempre que os e as deportistas utilicen máscaras.
No BM Ribadosar temos os deberes feitos. As actividades de cada equipo adaptadas aos distintos protocolos que temos que aplicar. Estamos agardando a luz verde con moita ilusión e ganas de empezar unha nova tempada.
Os integrantes do Balonmán Ribadosar (directiva, técnicos, xogadores, familias) non podemos fallar. Temos que ser moi responsables coa nosa actitude tanto no 40x20 coma no resto das horas do día, intentando minimizar os riscos de contaxios.
Para principios da próxima semana comunicaremos os horarios definitivos de adestramento de todas as categorías.
Os adestramentos prevemos que inicien a semana do 28 de setembro para todas as categorías agás os benxamíns e alevíns
Entre todos e todas ímolo conseguir. Arriba Ribadosar!!
domingo, 23 de agosto de 2020
Reunión Inicio de tempada
Teñen que asistir
todos os integrantes que queiran participar en calquera das categorías (dende
benxamín a sénior) que imos a sacar esta tempada 20/21.
MOI IMPORTANTE A TUA ASISTENCIA
Convócase a tod@ @s interesad@s a unha reunión por vídeo conferencia o próximo martes 25 de agosto as 20:30 horas.
Orde do día
- Situación
actual
- Datas previstas de Inicio dos distintos equipos
- Orzamentos
xerais, breve explicación.
- Cotas
da actividade e de socios e formas de pago.
- Rogos
e preguntas
Para asistir a reunión tes que pinchar no seguinte link e abrilo no navegador Google Chrome xa que en
outros falla a opción de compartir pantalla.
Unirse á reunión:
https://meet.jit.si/ribadosar1
Contrasinal: solicítaa no email ribadosar@gmail.com enviando o teu dni escaneado.
Sala: ribadosar1
Recoméndase conectarse
a través dun navegador de internet Google
chrome 2 minutos antes do inicio.
Agardámoste!! E polo ben d@s xogador@s
martes, 28 de xullo de 2020
SUSPENSIÓN COPA GALICIA TEMPADA 20/21
mércores, 13 de maio de 2020
Hoxe a @SerGalicia falou co noso Presidente
sábado, 9 de maio de 2020
COMUNICADO OFICIAL RESOLUCIÓN COMPETICIÓNS 19/20
mércores, 22 de abril de 2020
#Euquedonacasa
xoves, 12 de marzo de 2020
Suspensión dos adetramentos e competicions
martes, 10 de marzo de 2020
Horarios para o 14 e 15 de marzo. Clasificación xuvenil e cadete masc 1ª fase
Os equipos cadete e xuvenil masculino acabaron a 1º fase de liga, quedando clasificados na táboa xeral como sigue.
En breve comunicaremos os calendarios de copa.
martes, 3 de marzo de 2020
Horarios para o 7 e 8 de marzo
luns, 24 de febreiro de 2020
Programacion para o sábado 29 de febreiro
martes, 18 de febreiro de 2020
Programa entroido
Esta fin de semana só temos un partido de infantil masculino. Nas demais categorías descansan todos os equipos.
O equipo cadete feminino acabou este fin de semana a liga regular, conseguindo un 7 º posto.
A pesar do que se pode ver na táboa clasificatoria destacar que o equipo conta con moi boa saúde, está a mellorar día a día.
Temos que seguir traballando para facer unha boa actuación na copa. Estamos á espera que comuniquen desde a federación o novo calendario de copa.
Adestramentos.
O vindeiro martes 25 de febreiro é martes de entroido (festivo). Desde o club decidimos facer ponte o luns, así que volvemos aos horarios normais de adestramento o mércores.Gozade do entroido!!
martes, 11 de febreiro de 2020
Horarios para o 15 e 16 de febreiro
martes, 4 de febreiro de 2020
Horarios para o 8 e 9 de febreiro
martes, 28 de xaneiro de 2020
Programación para o 1 e 2 de febreiro
Os dous equipos benxamín e os dous alevín viaxan o sábado pola mañá a Carballo. Alí disputase a xornada por concentración nº 6 de mini balonmán.
Tamén o sábado pola mañá, o equipo cadete Feminino e infantil masculino viaxan xuntos a xogar os seus partidos en Coruña. Dende aquí agradecer a xestión que fixeron dende o Colexio Liceo la Paz, para que puidésemos viaxar cos dous equipos xuntos.
O domingo toca viaxar a Viveiro co equipo cadete masculino e xuvenil masculino.
Aquí podes consultar os horarios de saída e dos partidos.
martes, 21 de xaneiro de 2020
Programación para o fin de semana
O sábado pola mañá os equipos Benxamíns e alevíns, viaxan a Camariñas. Nesta ocasión saímonos do calendario establecido a principios da tempada a raíz do aprazamento que se fixo da xornada 4 por causas do temporal en decembro.
Sábado pola tarde no pavillón Quiroga Palacios temos partidos en Santiago. Xogan as 17:00 o equipo cadete masculino e as 18:30 o xuvenil masculino contra o BM Porriño.
O Domingo pola mañá seguimos as 10:30 co equipo cadete feminino contra o Teucro e as 12:00 xogan os infantil masculino contra o Lucense.
Estades todos e todas invitados a vir a desfrutar deste deporte.
Agardamoste
martes, 14 de xaneiro de 2020
Horarios para o partido do fin de semana
mércores, 8 de xaneiro de 2020
Cambio de pavillon en Arteixo
Aquí queda unha imaxe coa nova situación
martes, 7 de xaneiro de 2020
Xa estamos de volta
A nosa xogadora Lidia participou neste campionato de España de seleccións autonómicas coa selección galega infantil feminina. Acadaron a oitava posición de España. Noraboa para Lidia e todas as integrantes da selección.
Acabouse o Nadal e volvemos á competición.
Esta fin de semana dobramos xornada con equipos Infantil, cadete masculino e feminino, e xuvenil.
Nas categorías benxamín e alevín esta fin de semana descansamos.
Feliz ano 2020,