Bueu acollerá o próximo día 16 de xuño o Campionato Galego de Seleccións Provinciais das categorías alevín mixta e infantil masculina e feminino, baixo o formato de todos contra todos a unha soa volta.
Ao redor de 200 deportistas competirán no XV Campionato de Seleccións Provinciais de Balonmán polo título de campión galego, unha cita ineludible para todos os afeccionados a esta modalidade deportiva, onde se poderá gozar cos xoves talentos que dentro de moi pouco optarán a formar parte das selección galegas e nacionais. A competición celebrarase nos Pavillón Municipal Pablo Herbello e no Pavillón Municipal de Beluso.
Bueu volve compertirse no epicentro do balonmán galego, despois de levar dous fins de semana acollendo importantes actividades. A fin de semana do 2 e 3 de xuño celebráronse as fases finais da Copa Federación Infantil e Xuvenil masculino; a fin de semana do 9 e o 10, tivo lugar a Copa Federación Cadete masculina.
HORARIOS
E como non, o BM Ribadosar ten representación nas seleccions Infantís da Coruña, na feminina representanos Lidia e na masculina José Ramón. Moitos parabéns para os dous, seguro que o pasan moi ben.