Un deporte, unha pasión...

Primeiro Club de Balonmán en Santiago de Compostela

Conctata con nos no ribadosar@gmail.com

domingo, 29 de decembro de 2019

Representante do BM Ribadosar no campionato de España de seleccións

No Balonmán Ribadosar estamos de noraboa. Chamaron de novo para a Selección Galega Infantil Feminina  a nosa xogadora Lidia Sanda.

Nesta ocasión Lidia foi convocada para defender a Galicia no campionato de España de seleccións autonómicas "CESA 2020", que se celebra en Cantabria dende o 2 ao 7 de xaneiro.

Estamos moi orgullosos de tela como representantes do Ribadosar nesta selección. Esperamos que lle saia todo moi ben e que desfrute desta oportunidade.

Mais información para seguir o campionato aquí

Noraboa Campioa!!!


mércores, 18 de decembro de 2019

Horarios para o sábado 21 de decembro

Este fin de semana xogan os Infantís, Cadetes e xuvenís Masculino en Arteixo.
Os demais equipos descansan todos.

xoves, 5 de decembro de 2019

CONVOCATORIA SELECCIÓN GALEGA INFANTIL FEMININA


Un ano mais a nosa xogadora Lidia Sanda foi convocada coa selección galega infantil Feminina para disputar o VIII Torneos Galicia – Salnes que se celebra do 6 ao 8 de decembro. 

Dende aquí moitos parabéns para  Lidia, esperamos que desfrute ao máximo esta experiencia.

Bravo Campeona!!!






https://fgbalonman.es/por-oitavo-ano-consecutivo-celebrase-o-torneo-do-salnes-preparatorio-para-o-campionato-de-espana/

II Torneo Balonmán Santiago de Compostela





O Balonmán Ribadosar organiza o “II Torneo de Balonmán Santiago de Compostela”,  que se vai a celebrar o vindeiro sábado 14 de decembro as 10:00 horas no pavillón Quiroga Palacios.

Este torneo esta destinado aos mais cativos/as da casa, cos que faremos 4 equipos Alevín e 4 benxamín.

Os xogadores/as teñen que estar no Pavillón Quiroga Palacios as 9:30 para a asignación de equipos, viran con zapatillas de xogo, pantalón corto e camiseta branca. Alí asignaránselle os petos para facer os equipos.

Categoría Alevín
Categoría Benxamín
Equipo Amarelo
Equipo Negro
Equipo Laranxa
Equipo Azul
Equipo Amarelo
Equipo Negro
Equipo Laranxa
Equipo Azul








Horas
Alevín (Pista2)
Benxamín (Pista1)
10:00 - 10:10
Amarelo vs Negro
Amarelo vs Negro
10:15 - 10:25
Laranxa vs Azul
Laranxa vs Azul
10:30 - 10:40
Amarelo vs Laranxa
Amarelo vs Laranxa
10:45 - 10:55
Negro vs Azul
Negro vs Azul
11:00 - 11:10
Amarelo vs Azul
Amarelo vs Azul
11:15 - 11:25
Laranxa vs Negro
Laranxa vs Negro









Os partidos:
  • Xogaranse e dúas pistas simultaneamente Alevín e Benxamín .
  • Terán unha duración de 10 minutos sen descanso para que así os nenos/as pasen o menor tempo posible sen xogar.
  • Haberá 5 minutos entre partido e partido podendo empezar antes si sobra tempo co fin de non acabar moi tarde.
  • Permítese facer cambios de xogadores.
  • Aplicarase a normativa de min balonmán.


A finalización do torneo (11:30)  faremos unha foto de familia con todos os xogadores e asistentes para quedarnos con un recordo deste día.


Temos mais actividade programada para este día:

  • 12:20  partido da categoría cadete feminino 2ª Division Galega entre os equipos BM Ribadosar vs Linea 21 Pluralia.
  • Pendentes aínda da hora o equipo Infantil Masculino de 2ª división viaxa nesta ocasión a Culleredo.
  • 14:30 Xantar de nadal  no Restaurante porta Faxeira

Esperamos que todos os compoñentes do Balonmán Ribadosar ao igual que os seareiros desfruten moito desta xornada.



martes, 3 de decembro de 2019

Parón de Competición ponte da Constitución.

Este fin de semana temos parón de competición por ser festivo da Constitución e da Inmaculada. Bo fin de semana.