Un deporte, unha pasión...

Primeiro Club de Balonmán en Santiago de Compostela

Conctata con nos no ribadosar@gmail.com

martes, 13 de decembro de 2022

Horarios partidos para o derradeiro fin de semana de competición do ano 2022

Xa estamos a finais do ano 2022, e ao BM Ribadosar tócanos xogar os derradeiros partidos deste ano 2022 este fin de semana en varios lugares da provincia.

Os equipos de benxamín e alevín viaxan a xogar a quinta xornada de competición por sistema  de concentración a Abegondo o sábado pola maña.

Tamén o sábado pola maña xogan os equipos infantil e cadete no Quiroga Palacios. estades todos invitados a vir a animar.

Xa o domingo pola tarde tócalle ao equipo xuvenil que desta vez viaxa a Carballo.

Recorda que os socios/as poden viaxar no autobús previa inscrición  ata esgotar as prazas por orde de inscrición. Tope para apuntarse o mércores as 23:00.




martes, 6 de decembro de 2022

Horarios dos partidos para o 10 de decembro

Este fin de semana celebrase  en Santiago o I Campionato de seleccións Internacional de balonmán. Os equipos das categorías xuvenil, cadete e infantil non teñen competición.

Nesta ocasión os que si xogan son os equipos de categoría alevín e benxamín.

Viaxamos o sábado cos dous equipos a Ferrol.






mércores, 30 de novembro de 2022

Horarios dos partidos do fin de semana do 3 e 4 de decembro

Este fin de semana temos partidos en todas as categorías. Os xuvenis xogan no Restollal e as demais categorías todos fora da casa. No seguinte cadro podes ver a configuración.



martes, 22 de novembro de 2022

Horarios partidos fin de semana 26 de novembro

 Esta fin de semana xogan en Santiago os xuvenis, cadetes e infantís.

Os alevíns e benxamíns tocalles descansar, esta tempada o normal e xogar cada 15 días.


Esperamoste o sábado pola mañan no pabillón Quiroga Palacios e pola tarde no Restollal. Ven animar ao teu equipo.




martes, 15 de novembro de 2022

Horarios de partidos para o fin de semana do 19 de novembro

Este fin de semana empeza a competición dos equipos alevín e benxamín. Estas categorías xogan por concentración e nesta ocasión tócanos viaxar a Carballo o sábado 19 de novembro.

As demais categorías descansan este fin de semana. 

Esperamos que os mais pequenos desfruten moito desta primeira xornada. Xogaran dous partidos os alevín e outros dous os benxamín.






martes, 8 de novembro de 2022

Horarios para o fin de semana 12 e 13 de novembro

Este fin de semana xoga o equipos xuvenil en Narón, o cadete en Culleredo, o infantil descansa e o alevín e benxamín ainda pendentes de que saian calendarios e modelo de competición.






mércores, 2 de novembro de 2022

Portas abertas todo o mes de novembro!!

 Ainda non probaches?? estamos de portas abertas en distintos lugares dende o mes de xuño.

Non te preocupes, estas a tempo de probar todo este mes de novembro totalmente de balde, para que poidas ver si che gusta o balonmán. estamos seguros de que si.


Que teño que facer para poder asistir:

  1. Inscribirse aquí
  2. Acudir ao Pavillón Quiroga Palacios os días da túa idade.
  3. Roupa e calzado deportiva
  4. Vir cunha mochila na que tes que traer.
    1. Un calzado deportivo para cambiar no pavillón, que non veña da rúa
    2. Botella de auga co teu nome
    3. Unha toalla pequena
  5. E por último moitas ganas de pasalo ben

Nota: Faraselle un seguro deportivo a todos/as os asistentes,

Se tes mais de 14 anos podes inscribirte, poñeremosnos en contacto contigo para explicarche as condicions.

Agardamoste,

Limite de prazas, regulase por orden de inscripción no formulario. En caso de superar o limite de prazas poñerémonos en contacto contigo por email.

Horarios dos partidos para o fin de semana 5 novembro

 Este fin de semana o noso equipo xuvenil xoga o sábado pola tarde no Restollal contra o Pontedeume.

Os cadetes e infantiles xogan o  domingo. O cadete contra o Lucense no Quiroga palacios e o infantil viaxa a Oleiros.  

Os alevíns e benxamíns están esperando a que saian publicado o modelo de competición e os calendarios de balonmán 5. 






mércores, 26 de outubro de 2022

Horarios de competición para o sábado 29 de outubro

Este sábado xogan no quiroga palacios o equipo infantil e o cadete. O xuvenil descansa esta xornada e o alevín e benxamín están a espera de que saia a competición.





martes, 18 de outubro de 2022

Inicio de competición tempada 22/23 para os equipo cadete e infantil

Esta fin de semana comeza a competición para os equipos cadete e infantil. Un fin de semana no que nos toca xogar todo fora da casa. O xuveni xoga en Culleredo, cadete en Coruña (Oar) e o infantil en Carballo.

Moita sorte a todos eles!!



Pinchando no equipo poderás acceder a toda información sobre o equipo en cuestión, calendarios de competición, clasificación así coma o modelo de competición.

Xuvenil        Cadete      Infantil


venres, 14 de outubro de 2022

I XORNADA DE TECNIFICACIÓN ALEVÍN E BENXAMÍN

O pasado fin de semana celebrouse na Estrada a I xornada  de tecnificación alevín e benxamín, xeracións 2011 / 2012 / 2013.

Nesta ocasión do noso club foron convocados en alevín Rodrigo e en benxamín Ivan,. Pasarono moi ben unha experiencia para repetir, Noraboa aos dous.

  













Inicio de liga 22/23 do equipo xuvenil masculino

 Xa estamos de novo co inicio de tempada 22/23 para o equipo xuvenil.

O primeiro partido xogamos o pasado  mércores día 12 de outubro contra o linea21 na súa casa. 

O partido con boas sensacions ainda que non poidemos traer os 2 puntos para a casa, victoria do Linea21  24-22.

Este sábado xogamos as 19:30 pavillón do Restollal contra o Als Xiria B, estaremos todos cos nosos para anímalos. 






xoves, 6 de outubro de 2022

Actividade balonmán para a Anpa Athenea do C. Quiroga Palacios

Despois de moito esperar parece que temos un oco na pista coa Anpa Athenea.

Estaremos no Pavillon Quiroga Palacios os venres de outubro a novembro para os nenos e nenas da Anpa Athenea en horario de 17:30 a 18:30


Que teño que facer para poder asistir:

  1. Inscribirse aquí
  2. Acudir ao Pavillón Quiroga Palacios os días da túa idade.
  3. Roupa e calzado deportiva
  4. Vir cunha mochila na que tes que traer.
    1. Botella de auga co teu nome
    2. Unha toalla pequena
  5. E por último moitas ganas de pasalo ben
Nota: Faraselle un seguro deportivo a todos/as os asistentes,

venres, 30 de setembro de 2022

Seguimos coas xornadas de Portas Abertas de Balonmán no mes de outubro en Compostela

 Despois do éxito das portas abertas no mes de setembro, queremos darlle ocasión a que proven os que aínda non se decataron que en Compostela temos balonmán.

Así que este mes de outubro tamén temos portas abertas. Isto significa que te vas a meter de cheo nos adestramentos dos equipos que xa temos conformados e podes ata formar parte de eles.

Agardámoste!!


Que teño que facer para poder asistir:

  1. Inscribirse aquí
  2. Acudir ao Pavillón Quiroga Palacios os días da túa idade.
  3. Roupa e calzado deportiva
  4. Vir cunha mochila na que tes que traer.
    1. Un calzado deportivo para cambiar no pavillón, que non veña da rúa
    2. Botella de auga co teu nome
    3. Unha toalla pequena
  5. E por último moitas ganas de pasalo ben
Nota: Faraselle un seguro deportivo a todos/as os asistentes,

Se tes mais de 14 anos podes inscribirte, poñeremosnos en contacto contigo para explicarche as condicions.



Agardamoste,

Limite de prazas, regulase por orden de inscripción no formulario. En caso de superar o limite de prazas poñerémonos en contacto contigo por email.




domingo, 4 de setembro de 2022

Xornadas de Portas Abertas de Balonmán no mes de setembro en Compostela.

 Neste mes de setembro abrimos as portas para que poidas probar como e un adestramento de balonmán,

Vas ter a ocasión de adestrar con xogadores que xa están dende outras tempadas. Así ademais de ver se che gusta o Balonmán tamén poderás ver o ambiente que se respira.

Anímate esperámoste!!!


Que teño que facer para poder asistir:

  1. Inscribirse aquí
  2. Acudir ao Pavillón Quiroga Palacios os días da túa idade.
  3. Roupa e calzado deportiva
  4. Vir cunha mochila na que tes que traer.
    1. Un calzado deportivo para cambiar no pavillón, que non veña da rúa
    2. Botella de auga co teu nome
    3. Unha toalla pequena
  5. E por último moitas ganas de pasalo ben

Nota: Faraselle un seguro deportivo a todos/as os asistentes,

Se tes mais de 14 anos podes inscribirte, poñeremosnos en contacto contigo para explicarche as condicions.


Agardamoste,

Limite de prazas, regulase por orden de inscripción no formulario. En caso de superar o limite de prazas poñerémonos en contacto contigo por email.

mércores, 31 de agosto de 2022

Balonmán na Rúa en Compostela

Esta actividade GRATUITA vai dirixida a todos o nenos e nenas de 6 a 14 anos que queren coñecer o balonmán ou aos que xa o coñecen e queren disfrutar xogando ata o comezo das clases. 

Sumate a todos os nenos e nenas que xa probaron de xeito gratuito o balonmán en Santiago, Teo e Ames.

Desta vez estaremos do 1 ao 7 de setembro en horario de mañá de 10:30 a 13:30  na pista exterior que está preto do parque infantil Luis Pasin (avda de Ferrol)  


Que teño que facer para poder asistir:

  1. Inscribirse aquí
  2. Acudir ao Pista Exterior do parque infantil Luis Pasín (avda de Ferrol).
  3. Roupa e calzado deportiva
  4. Vir cunha mochila na que tes que traer.
    1. Botella de auga co teu nome
    2. Una peza de fruta e un bocadillo para media maña
    3. Unha toalla pequena
    4. Unha visera
  5. E por último moitas ganas de pasalo ben

Nota: Faraselle un seguro deportivo a todos/as os asistentes,

Agardamoste,

Limite de prazas, regulase por orden de inscripción no formulario. En caso de superar o limite de prazas poñerémonos en contacto contigo por email.

venres, 5 de agosto de 2022

Campus de Balonmán no Concello de Ames. Gratis!!

No Balonmán Ribadosar seguimos traballando a través do Plan Corresponsables.  

Desta vez tocalles coñecer de preto o balonmán os rapaces e rapazas do Concello de Ames, sen coste ningún para as familias, e axudandolle a conciliar no verán.

Estaremos no Pavillón polideportivo de Bertamiráns dende o 17 ao 31 de agosto de luns a venres en horarios de 10:30 a 13:30. 

Apúntate cantó antes xa que hai límite de prazas e vai por orde de inscripción.




Que teño que facer para poder asistir:

  1. Inscribirse aquí
  2. Acudir ao Pavillón Polideportivo de Bertamiráns.
  3. Roupa e calzado deportiva
  4. Vir cunha mochila na que tes que traer.
    1. Botella de auga co teu nome
    2. Una peza de fruta e un bocadillo para media maña
    3. Unha toalla pequena
    4. Unha visera
  5. E por último moitas ganas de pasalo ben
Nota: Faraselle un seguro deportivo a todos/as os asistentes,

Agardamoste,

Limite de prazas, regulase por orden de inscripción no formulario. En caso de superar o limite de prazas poñerémonos en contacto contigo por email.

xoves, 4 de agosto de 2022

Balonmán herba no mes de agosto en Santiago, Campus Sur. GRATIS!!!

 A próxima semana dentro do Plan Corresponsables temos unhas xornadas de balonmán herba no campo de hockei herba do campus sur da USC totalmente gratuitas para os nenos e nenas de entre 6 a 14 anos que queiran participar.

O único requisito e apuntarse no link que aparece mais abaixo e firmar autorización de imaxe imprescindible para poder participar que se che entregara na entrada.



Que teño que facer para poder asistir:

  1. Inscribirse aquí
  2. Roupa e calzado deportiva
  3. Vir cunha mochila na que tes que traer.
    1. Botella de auga co teu nome
    2. Una peza de fruta e un bocadillo para media maña
    3. Unha toalla pequena
    4. Unha visera
  4. E por último moitas ganas de pasalo ben
Nota: Faraselle un seguro deportivo a todos/as os asistentes,

Agardamoste,

Limite de prazas, regulase por orden de inscripción no formulario. En caso de superar o limite de prazas poñerémonos en contacto contigo por email.

Agradecer a USC a colaboración nesta actividade para poder levala a cabo. 

luns, 11 de xullo de 2022

Primeiras xornadas de balonmán no concello de Teo. Gratis!!

 Actividades gratuitas de Balonmán nos meses de verán na Comarca de Santiago.

Están de noraboa os rapaces e rapazas do Concello de Teo, xa que temos confirmado varias xornadas gratuitas programadas nas distintas datas e lugares:


Que teño que facer para poder asistir:

  1. Inscribirse aquí
  2. Acudir ao lugar e data que escolleras.
  3. Roupa e calzado deportiva
  4. Vir cunha mochila na que tes que traer.
    1. Botella de auga co teu nome
    2. Una peza de fruta e un bocadillo para media maña
    3. Unha toalla pequena
    4. Unha visera
  5. E por último moitas ganas de pasalo ben
Nota: Faraselle un seguro deportivo a todos/as os asistentes,

Agardamoste,

Limite de prazas, regulase por orden de inscripción no formulario. En caso de superar o limite de prazas poñerémonos en contacto contigo por email.

Primeiro campus de balonmán en Santiago.

 Actividades gratuitas de Balonmán nos meses de verán na Comarca de Santiago

Están de noraboa os rapaces e rapazas de Santiago, xa que temos confirmado un campus que se celebrara no Pavillón Apóstolo Santiago (Santiago)  Inicio o 27 de xuño de 10:00 a 13:45 


Que teño que facer para poder asistir:
  1. Inscribirse aquí
  2. Acudir ao pavillón do CEIP Apóstolo Santiago o 27 de xuño as 10:00
  3. Roupa e calzado deportiva
  4. Vir cunha mochila na que tes que traer.
    1. Botella de auga co teu nome
    2. Una peza de fruta e un bocadillo para media maña
    3. Unha toalla pequena
    4. Unha visera
  5. E por último moitas ganas de pasalo ben
Nota: Faraselle un seguro deportivo a todos/as os asistentes,

Agardamoste,

Limite de prazas, regulase por orden de inscripción no formulario. En caso de superar o limite de prazas poñerémonos en contacto contigo.






mércores, 15 de xuño de 2022

Actividades gratuitas de Balonmán nos meses de verán na Comarca de Santiago


O Balonmán Ribadosar acolliuse o Plan Corresponsables coa Federación Galega  de Balonmán, Secretaria Xeral para o Deporte e o Ministerio de Igualdade.

Por iso este veran temos previstas varias actividades Totalmente Gratuitas para axudar a conciliación das familias e dar a coñecer o balonmán aos nenos e nenas de idades entre 5 e 14 anos na Comarca de Compostela.

Pola pouca dispoñibilidade das instalacións deportivas iremos actualizando neste blob e na web www.ribadosar.es os distintos puntos nos que imos estar.

O único que teñen que facer as familias e inscribirse no seguinte formulario. 

https://forms.gle/RLdD84XjNc4LRFaX8 

Están previsto levar a cabo varios campus en Santiago, Teo, e Ames en horarios de 10:00 a 13:45 horas a esperas de cerrar outros concellos, colexios e anpas.

Tamen temos previsto facer actividades puntuais en pistas exteriores, balonmán herba e un longo etc.

Unha gran oportunidade para que os nenos e nenas desta comarca coñezan un deporte de equipo novo para moitos de eles. 


Actividades Confirmadas:

Pincha nos distintos links para ver máis información






xoves, 19 de maio de 2022

Programación para o 21 e 22 de maio.

Xa estamos próximos a finalizar esta tempada, e aquí vos detallamos a actividade do club para esta fin de sema.

O sábado pola maña equipo cadete xoga o seu derradeiro partido da tempada contra un duro rival como e o Abegondo. Desexamos moita sorte aos nosos despois de unha tempada tan boa como fixeron.

O domingo temos aos nosos benxamíns liados todo o día. Clasificáronse para a fase final da Copa Deputación da Coruña que se disputa en Camariñas. Esta fase xogase durante todo o día, pola maña xogase a fase de grupo e pola tarde as 16:40 horas semifinais Benxamín, as 18:00 3º-4º posto e final benxamín. De 18:45 a 19:00 horas entregas de trofeos e medallas

Os xuvenís tamén se clasificaron para a fase final da Copa Federación e xogan as 18:00 horas en Vigo contra o Reconquista. Partido complicado no que o gañador pasa a semifinal da copa que se celebrara o próximo fin de semana.

Moita sorte a todos!!!








 

xoves, 12 de maio de 2022

Horarios para o domingo 15 de maio. Copa Deputación

 Este domingo temos unha maña chea de balonmán no pavillón do Quiroga Palacios.

Empezamos coa xornada da Copa Deputación da Coruña  grupo F de benxamín balonmán 5. Participan os equipo de BM Xallas, BM Camariñas e BM Ribadosar. Isto empezara as 9:30

Despois da xornada de copa dos benxamíns xogan os cadetes a segunda xornada de copa sponsor contra o BM Atlántico.

Esperámoste no pavillón Quiroga Palacios










Comunicado da Federación Galega

Este e o comunicado que nos enviaron dende a Federación Galega de Balonmán con respecto a como quedan as distintas competicións. Chegouse a estes acordos despois da reunión  telemática celebrada onte as 19:00 horas.

No caso noso aféctanos:

En xuvenil masculino suspendese os cuartos de final da copa sponsor, así que o equipo xuvenil quedou campión de copa no grupo E

En cadete so se xoga a copa sponsor (quedan dúas xornadas). Non imos ter cuartos, semifinais e finais.

En benxamín modificase a data da Final Four benxamín para o 4 de xuño.




martes, 3 de maio de 2022

Crónica e horarios de balonmán para o 7 de maio

O equipo sénior acabou a fase con moi bo sabor de boca a pesares de perder contra o Atl Guardes (30-28) na súa casa. Un partido que estivo moi igualado en todo momento facendo unha defensa moi sólida e un ataque mais claro que noutras ocasións. A nota negativa as lesión de Cristián e de Ricardo, desexámoslle unha pronta recuperación.

O Equipo Cadete esta pasada fin de semana empezou a copa xogando en Narón. Despois de un partido moi complicado trouxemos os dous puntos para a casa. Este fin de semana descansa.

Este fin de semana xogamos a terceira xornada de copa co equipo xuvenil no Pavillón do Restollal contra o ED Poio Artai, ultima xornada da fase na que nos xogamos o pase a cuartos de final.





 

Campaña 𝔻𝕖𝕡𝕠𝕣𝕥𝕖 𝕖𝕟 𝕀𝕘𝕦𝕒𝕝𝕕𝕒𝕕𝕖

Pequeno avance da reportaxe audiovisual que se estreará o 5 de maio, dentro da campaña 𝔻𝕖𝕡𝕠𝕣𝕥𝕖 𝕖𝕟 𝕀𝕘𝕦𝕒𝕝𝕕𝕒𝕕𝕖, na que varios clubes e persoas vencelladas ao deporte compostelán reflexionan sobre o valor da igualdade na práctica deportiva.

Un proxecto de María Cruz Dafonte Raña e Manuel Tato Silva para as Concellarías de Igualdade e de Deportes do Pazo de Raxoi

Coa participación de Asociación ASPAS, Club Atlético Fátima, Club Balonmán Ribadosar Club Deportivo Ximnasia Rítmica, Compostela judo, club SD A Gaiola, Toño Bermúdez Cadena SER Galicia



xoves, 28 de abril de 2022

Horarios partidos para o sábado 30 de abril

O próximo fin de semana o equipo sénior xoga o derradeiro partido da tempada en a Guarda.

Os cadetes teñen a primeira xornada de Copa Sponsor en Narón e o equipo xuvenil despois de gañar ao BM Arousa descansa esta fin de semana.







mércores, 20 de abril de 2022

Horarios dos partidos para o fin de semana

Este fin de semana empeza a Copa Sponsor para o equipo xuvenil, xogan en Carril.
Os cadetes xogan o seu derradeiro partido da segunda fase contra o Acanor Atl Novas e o sénior o sábado no Restollal contra o Linea 21.

Moita sorte aos tres equipos.








martes, 19 de abril de 2022

PORTAS ABERTAS BALONMÁN MAIO E SETEMBRO


No Balonmán Ribadosar xa estamos preparando a tempada 22/23


Se queres formar parte dos nosos equipos pincha no cartel ou escanea o QR para aceder ao formulario de preinscripción e poderas vir a probar gratis no mes de maio ou setembro para ver si che gusta, ben cos teus amigos/as


OBXECTIVOS DAS ESCOLAS:

  • Fomentar a práctica deportiva en xeral e do balonmán en particular.
  • Promover a actividade física e deportiva.
  • Educar e formar nenos/as deportistas.
  • Sensibilizar o xogo colectivo de cara o espíritu de grupo.
  • Dinamizador da convivencia.

 ACTIVIDADES O LONGO DO CURSO:

  • Entrenamentos semanais.
  • Competición  interescolas.
  • Posibilidade de participación nos equipos do C.B. Ribadosar que compiten nos Campeonatos provinciais organizados pola Federación Galega de Balonmán.
  • Participación en torneos internos do Club a desenvolver en Santiago e noutras localidades (Nadal, Semana Santa, etc …).
  • Saídas a ver partidos de balonmán (Asobal, 1ª Estatal, ... )
  • Outro tipo de actividades culturáis e deportivas, ao longo de ano.

DATAS DE INICIO - FINALIZACIÓN DO CURSO:

  • Comezará e rematará co calendario escolar, de setembro a maio.

Horarios dos adestramentos por categorías os que podes vir a probar 




mércores, 6 de abril de 2022

Recta final de competición

A estas altura de tempada xa estamos chegando ao fin da competición en algunhas categorías.

Aquí vos deixamos un pequeno resumo.

Os Benxamíns acabaron competición este pasado sábado 2 de abril no que se enfrontaron ao Oar Coruña gañando os catro tempos, o que fixo que se colocaran de terceiros na táboa clasificatoria. Moi boa progresión!!





Os Infantís xogaron o seu último partido da tempada en Arteixo, no que perderon pola mínima nos últimos minutos. Para este equipo foi unha tempada moi difícil polas baixas que tivemos despois de ter todo configurado, pero con traballo e boa vontade van afianzándose e saíndo as cousas. Parabéns!!



Os Cadetes seguen coa súa loita entre os seis primeiros da liga Prata Galega, despois de non saír as cousas contra o Teucro o pasado fin de semana, estamos preparando o partido para este fin de semana xogar contra o Atlético  Bueu o partido que tiñamos aprazado da primeira xornada desta fase. Moita Forza!!





Os Xuvenís acabaron a competición xa fai 2 semanas. Equipo con moito mérito despois de afrontar unha tempada con  moitas baixas e completando o equipo con xogadores cadetes que tiveron que dobrar xornadas. Na segunda fase acadaron o segundo posto na táboa clasificatoria. Parabéns po lo esforzo e capacidade de loita que demóstraste durante toda a tempada.



O equipo sénior este fin de semana xogou contra o BM Loriga segundo clasificado na táboa. Partido difícil no que no minuto 33 puxémonos a tan so un gol 16-17. Despois de dous lances de partido estivemos con inferioridade numérica por dúas exclusións o que fixo que o equipo se atascara un pouco e o Loriga puidera aumentar a diferencia de goles ata o final. Este fin de semana toca xogar contra o Bm Xallas no Fontela en Santa Comba.






Cartel Para este fin de semana





mércores, 30 de marzo de 2022

Resumo da xornadas pasadas e axenda para o fin de semana

 A estas alturas da tempada temos o equipo xuvenil que xa acabou a competición, acadando na segunda fase da competición o segundo posto por detrás do UBM Lavadores Vigo, parabéns. Agora toca seguir adestrando ata finais de maio.

O equipo sénior xogou contra un BM Luceros con moitas baixas na primeira liña o que fixo que o equipo se resentira e nos levara a perder o partido. Próxima xornada partido no Restollal  contra o Proquideza Loriga, partido difícil contra o segundo clasificado.

Os cadetes viaxaron a Cañiza con baixas importantes que fixo que se resentira un pouco o equipo e  que o Xestaservi BM Cañiza soubo aproveitar para facerse co marcador. A próxima xornada xogamos no Quiroga Palacios contra o Teucro, segundo clasificado.

Os infantís perderon na casa contra o BM Linea 21 por falta de ritmo en ataque e moitos fallos defensivos. Na próxima xornada viaxamos a Arteixo a disputar o ultimo partido da tempada.

Os benxamíns xogaron en Camariñas. Viaxamos co numero mínimo de xogadores. A pesares de que xogaron moi ben o BM Abegondo gañou os catro tempos. Este fin de semana organizamos a xornada 7 de minibalonmán en Santiago no Pavillón Quiroga Palacios. Xoganse os partidos a unha sola pista.

Programación para o fin de semana






martes, 22 de marzo de 2022

Axenda de balonmán para esta semana

Esta semana empezamos as competicións xa este mércores con un partido aprazado do equipo cadete masculino. Así que maña as 19:00 horas no pavillón Quiroga Palacios podes desfrutar seguro dun bo partido entre o BM Ribadosar vs G. Lemaco Xiria B.

O resto dos partidos xóganse o sábado e domingo.

Sábado  xogan os infantís no pavillón Quiroga Palacios as 10:00 contra o Linea 21 a 2ª xornada da liga prata  copa bronce grupo D. As 12 os cadetes xogan na Cañiza a 3ª xornada da liga prata grupo A (1º ao 6º) e as 13 horas os benxamíns xogan en camariñas a 6ª xornada por concentración contra o Gas Abegondo.

O domingo as 17 horas  o equipo senior xoga no Gatañal a xornada 22 contra o Luceros. Unha semana sen descanso para os nosos. Esperamos que desfrutedes do balonmán.