Un deporte, unha pasión...

Primeiro Club de Balonmán en Santiago de Compostela

Conctata con nos no ribadosar@gmail.com

mércores, 30 de marzo de 2022

Resumo da xornadas pasadas e axenda para o fin de semana

 A estas alturas da tempada temos o equipo xuvenil que xa acabou a competición, acadando na segunda fase da competición o segundo posto por detrás do UBM Lavadores Vigo, parabéns. Agora toca seguir adestrando ata finais de maio.

O equipo sénior xogou contra un BM Luceros con moitas baixas na primeira liña o que fixo que o equipo se resentira e nos levara a perder o partido. Próxima xornada partido no Restollal  contra o Proquideza Loriga, partido difícil contra o segundo clasificado.

Os cadetes viaxaron a Cañiza con baixas importantes que fixo que se resentira un pouco o equipo e  que o Xestaservi BM Cañiza soubo aproveitar para facerse co marcador. A próxima xornada xogamos no Quiroga Palacios contra o Teucro, segundo clasificado.

Os infantís perderon na casa contra o BM Linea 21 por falta de ritmo en ataque e moitos fallos defensivos. Na próxima xornada viaxamos a Arteixo a disputar o ultimo partido da tempada.

Os benxamíns xogaron en Camariñas. Viaxamos co numero mínimo de xogadores. A pesares de que xogaron moi ben o BM Abegondo gañou os catro tempos. Este fin de semana organizamos a xornada 7 de minibalonmán en Santiago no Pavillón Quiroga Palacios. Xoganse os partidos a unha sola pista.

Programación para o fin de semana






martes, 22 de marzo de 2022

Axenda de balonmán para esta semana

Esta semana empezamos as competicións xa este mércores con un partido aprazado do equipo cadete masculino. Así que maña as 19:00 horas no pavillón Quiroga Palacios podes desfrutar seguro dun bo partido entre o BM Ribadosar vs G. Lemaco Xiria B.

O resto dos partidos xóganse o sábado e domingo.

Sábado  xogan os infantís no pavillón Quiroga Palacios as 10:00 contra o Linea 21 a 2ª xornada da liga prata  copa bronce grupo D. As 12 os cadetes xogan na Cañiza a 3ª xornada da liga prata grupo A (1º ao 6º) e as 13 horas os benxamíns xogan en camariñas a 6ª xornada por concentración contra o Gas Abegondo.

O domingo as 17 horas  o equipo senior xoga no Gatañal a xornada 22 contra o Luceros. Unha semana sen descanso para os nosos. Esperamos que desfrutedes do balonmán.





mércores, 9 de marzo de 2022

Axenda para os partidos do 12 e 13 de marzo

O pasado fin de semana o equipo cadete acabou a 1ª fase da liga Prata grupo A acadando o 2º posto. Parabéns por todo o traballo feito ata o de agora.

Este fin de semana empeza a segunda fase de competición . Neste caso tócalles xogar no grupo cos 2 primeiros de cada grupo da primeira fase a un so partido.

Teñen por diante 5 xornada. Moita sorte e a desfrutar do momento.








venres, 4 de marzo de 2022

Axenda de partidos para o 5 e 6 de marzo

Este fin de semana o equipo cadete xoga o derradeiro partido da primeira fase contra o BM Camariñas no pavillón do Restollal.

Os equipos sénior, xuvenil e benxamín xogan fora da casa tal e como se pode ver no cartel.

O equipo infantil acabou a súa primeira fase clasificándose para xogar a Copa Federación Bronce. A primeira xornada será para o 20/03/2022.