Un deporte, unha pasión...

Primeiro Club de Balonmán en Santiago de Compostela

Conctata con nos no ribadosar@gmail.com

martes, 28 de outubro de 2014

martes, 21 de outubro de 2014

Partidos fin de semana 25 e 26 de outubro

O sábado 25 de outubro da comezo a competición alevín e benxamín, viaxamos a Carballo.
O Equipo infantil xoga en Coruña e o Xuvenil no Restollal. Ver horarios.

venres, 17 de outubro de 2014

Lotería de nadal

Ainda non tes a Lotería de nadal?

Xogamos ao número 

96.829

Date presa, colabora co Ribadosar!!

martes, 14 de outubro de 2014

martes, 7 de outubro de 2014

Horarios da competición Xuvenil e Infantil

O próximo sábado día 11 de outubro da comezo a competición de xuvenil.
Nos comezamos con xornada de descanso. O próximo fin de semana tocanos contra o Cangas na casa.

Horarios 1ª Volta Xuvenil (Cambios de Ultima Hora)

As datas corresponden ao fin de semana están por fixar o día e hora exactos

Os infantis comezan o sábado 18 de outubro xogando na casa contra o balonmán Arteixo.
  
Horarios 1ª Volta Infantil. 

As datas corresponden ao fin de semana están por fixar o día e hora exactos

Animadevos a vir aos partidos...

ArribaRibadosar!!!!

Resumen e fotos da presentación dos equipos para a tempada 2014/2015.

O sábado día 4 de outubro tivemos no pavillón do Colexio Quiroga Palacios a presentación dos equipos para a tempada 2014/2015.

A xornada saíu todo dentro do programado,  a primeira hora estiveron os benxamíns e alevíns facendo un pequeno adestramento, acabando sobre as once da maña con un partido entre eles.

As once e cuarto fixemos unha foto de club con case todos os membros, pasando logo a darlles un aperitivo cedida por gadis.
En categoría Infantil fixemos un partido contra o Balonmán Culleredo con equipos mixtos, fixeron os dous equipos un moi bo partido.

Acabamos a xornada cun partido entre o Ribadosar e o Xallas en categoría xuvenil, bo partido en xeral.
Dende o Ribadosar vamos a sacar equipo Benxamin, Alevín, Infantil e Xuvenil. Os xogadores cadetes incorporámolos o equipo xuvenil.

Agradecemento a:

Gadis, Espina y Delfin, Federacion Galega de Balonmán, Balonmán Culleredo, Balonmán Xallas, socios, familias dos xogadores, directivos do club, e en definitiva a todos os que aportaron un graíño de area para que estes proxectos poidan ser posibles.

ArribaRibadosar!!!!!!


venres, 3 de outubro de 2014

Ultima hora

A xornada de presentación dos equipos para o sábado dia 4 de outubro cámbiase ao pavillón Quiroga Palacios mantendo a mesma programación.  

mércores, 1 de outubro de 2014

Presentación dos equipos de balonmán do Club Ribadosar Temporada 2014/2015 sábado 4 de outubro

Dende aquí queremos invitarvos a todos os nen@s, pais, nais, soci@s, seareir@s  a participar cada un na súa maneira nesta maña que vimos a celebrar dende que iniciamos a nosa andadura con este fermoso deporte nesta magnifica cidade que non se merece menos que ter representación en Galicia cos nosos equipos de balonmán.
A xornada vaise celebrar no Pavillón do Restollal dará comezo  a iso das  dez da maña con xogos e actividades para os nenos e nenas con idades entre os seis e os once anos. A iso das 11:15 faremos a foto oficial,  inmediatamente despois podemos ver o partido amigable de infantiles 2ª galega entre os equipos Ribadosar - Culleredo.
As trece horas dará comezo o partido tamén amigable de categoría xuvenil 2ª galega entre o Ribadosar – Xallas. Finalizaremos a eso das duas e dez mais ou menos.
E unha maña que promete, animádevos a vir a ver os vosos equipos.
Dende aquí queremos agradecer a colaboración das distintas empresas,  grazas a elas este camiño faise mellor.
O noso agradecemento ao Balonmán Xallas e o BM Culleredo por prestarse a vir a xogar, sabemos a esforzo que lles supón.      
Grazas pola vosa colaboración

Arriba Ribadosar!!!!!