Un deporte, unha pasión...

Primeiro Club de Balonmán en Santiago de Compostela

Conctata con nos no ribadosar@gmail.com

xoves, 20 de maio de 2021

Alevín 5 clasificados para xogar a Liga Hummel

O Equipo Alevin 5 do BM Ribadosar clasificouse no segundo posto da táboa.

Esta clasificación dálle acceso a xogar a esta fin de semana a a Liga Hummel que se xoga en Narón, no pavillón da Gandara.

Esta fase xogarase o domingo 23, as 11:00 da maña xogase a semifinal contra o Bm Lucus. En función do resultado que se obteña neste partido, xogan polo primeiro/segundo posto as 13:00 horas  ou polo terceiro/ cuarto posto as 12:00.

Estate atento/a as redes para enterarte dos resultados e de que partido nos toca xogar

123ArribaRibadosar!!!




Final Four cadete feminino


 



O Equipo Cadete Feminino do BM Ribadosar clasificouse no segundo posto da táboa.

Esta clasificación dálle acceso a xogar a esta fin de semana a Final Four que se xoga en Lalín, no pavillón Lalín Arena.

Esta fase xogarase en dous días, o sábado 22 xogan as 10:00 da maña a semifinal contra o Sar Ledisson B e o domingo 23 en función do resultado que se obteña neste partido, xogan polo primeiro/segundo posto  ou polo terceiro/ cuarto posto da final four.

Estate atento/a as redes para enterarte dos resultados e de que partido nos toca xogar

 

123ArribaRibadosar!!!





mércores, 12 de maio de 2021

Eliminatoria FInal Four Cadete Masculino

O Equipo Cadete Masculino Clasificouse para xogar a eliminatoria para a final four. Pasaron a esta eliminatoria os catro primeiros de cada grupo.

O BM Ribadosar.es enfrontarase esta fin de semana en partidos de ida e volta contra o BM Tui que quedaron primeiros do seu grupo. O Sábado Xogamos o partido en Tui e o domingo en Santiago no Pavillón do Restollal



Podes ver o partido en directo no seguinte enlace





mércores, 5 de maio de 2021

Programación para o fin de semana do 7/9 de maio

Este fin de semana os cadetes xogan este venres pola tarde o partido aprazado en Arteixo, e o domingo co BM Lucus no Quiroga Palacios. Moi importantes puntuar nestes dous partidos, xa  nos xogamos pasar a eliminatoria pola Final Four. Pasan os 4 primeiros de cada grupo.

Os infantís e os alevíns xogan  o domingo en Lugo a derradeiras xornada desta fase. Cos infantís empezamos esta tempada moi resentidos polas baixas de xogadores, pero agora a final de tempada co apoio dos alevíns están a progresar moito. Os alevíns rodáronse moito en categoría infantil e veulles ben a hora de competir na súa categoría, a falta de dúas xornadas seguen no segundo posto. 

Os equipos sénior e xuvenil masculino xa acabaron as súas fases para esta tempada. O equipo senior tivo unha segunda fase con unha progresión moi boa sempre dando un pouco mais. O ultimo partido contra o Carnes do Ribeiro  perdeuse de 3 goles levándonos na táboa clasificatoria do 1º posto ao 3º empatados co 2º a puntos. De gañar este partido pasariamos a xogar a Final Four.

O Equipo xuvenil este ano estivo moi tocado polas lesións, o que imposibilitou ao equipo loitar por estar ai arriba. Moitos ánimos para todos os lesionados e pronta recuperación.

O Equipo cadete feminino a falta dunha xornada para acabar a liga de prata seguen clasificadas no segundo posto, e clasificadas xa para xogar a Final Four. Esperemos que as lesións non nos impidan participar.