Un deporte, unha pasión...

Primeiro Club de Balonmán en Santiago de Compostela

Conctata con nos no ribadosar@gmail.com

martes, 27 de novembro de 2018

Asemblea Ordinaria 2018 / 2019

Convócase a todos os socias/os do Club Balonmán Ribadosar, a Asemblea Ordinaria a celebrar o próximo 11 de decembro as 19:15 en primeira convocatoria e as 19:45 en segunda convocatoria, no Centro Sociocultural e Xuvenil O Ensanche (Rúa de Frei Rosendo Salvado 16, Santiago de Compostela).

Aproveita para facer as túas aportacións ou reclamacións do funcionamento que esta a ter o club, así como para aclarar calquera dubida que teñas sobre calquera tema relacionado co desenvolvemento da actividade ordinaria.

Colabora co Club Balonmán Ribadosar.
Contamos coa túa asistencia
Traballamos para os teus fill@s


Horarios para o 1 e 2 de decembro

Para o próximo fin de semana os equipos benxamíns e alevíns  e o infantil masculino Level Fabrics descansan.
O Infantil masculino BM Ribadosar.es e o infantil feminino BM RibadosarIF xogan en Santiago o sábado pola mañan no Pavillón Quiroga Palacios.
O Cadete BM Ribadosar Táboa Asesores e o Xuvenil BM Ribadosar Amancio Deportes viaxan o domingo pola mañan a Pontedeume.
Pincha no cadro para ver mais detalles


Para a seguinte semana dende o día 6 ata o 9, non haberá adestramentos nin competición de ningunha categoría.

martes, 20 de novembro de 2018

Horarios de Balonmán 24 e 25 de novembro


Despois de un fin de semana de Balonmán a tope en Santiago, chéganos unha tarde do sábado 24 a tope. Desta vez imos estar  a cabalo entre o Pavillón Quiroga Palacios coas categorías Infantil masculina e feminina e no Restollal  coas categorías Cadete e Xuvenil  masculino.

Os  dous equipos  Alevíns e o Benxamín  Bm Ribadosar Alca Épsilon viaxan na mañan do sábado a 
Camariñas, disputaran a segunda xornada de mini balonmán.

O domingo 25 o equipo infantil Ribadosar Level Fabrics viaxa ata Pontedeume.

Todos eles partidos moi fermosos de ver, non vos perdades  vir animar aos vosos equipos.

Por certo, tamén podedes vir a comprar a túa participación de lotaría de nadal coa que xogamos no Ribadosar. Non quedes sen ela, vai tocar!!!





mércores, 14 de novembro de 2018

Balonmán en Santiago!!

Estamos de sorte, o próximo sábado 17 de novembro temos o día repleto de Balonmán na capital galega.
Pola mañan temos 3 partidos de infantís  no pavillón Quiroga Palacios, a tarde seguimos con cadetes e xuvenís no pavillón do Restollal.
Imos todos co @bmRibadosar



mércores, 7 de novembro de 2018

Horarios fin de semana do 10 e 11 de novembro

Este fin de semana empeza a competición de Benxamín e Alevín con sede en Carballo.
Para ver os calendarios de toda a tempada podedes entrar nos seguintes links.

Benxamín               Alevín

Nestes links iremos ampliando información coas sedes das proximas xornadas e todos os datos do voso interes.

Podes consultar os horarios de todas as categorías pinchando no seguinte cadro resume