Un deporte, unha pasión...

Primeiro Club de Balonmán en Santiago de Compostela

Conctata con nos no ribadosar@gmail.com

mércores, 28 de febreiro de 2018

"Allí, en Zambia, el balonmano es vida"

Articulo moi interesante publicado en balonmanoactual.com que compartimos con todos vos.

"Donde parece que faltan razones para sonreír, donde las dificultades económicas hacen la vida más dura, y donde muchas enfermedades amenazan diariamente a la población, está situada la sede del Kamwala Stars, equipo de balonmano que entrena la noruega Eirin Berg. Una semana después de que un vídeo que colgó la nórdica entrenadora en su Instagram haya dado la vuelta al mundo, hemos conocido más a fondo el balonmano del sur de África."

Articulo Completo


martes, 27 de febreiro de 2018

Horarios partidos para o sábado 3 de marzo

O Alevín  Ribadosar Alca Épsilon e o benxamín Ribadosar Alca xogan en Arteixo.
O Ribadosar Alca Omega vs Ribadosar.es aprazase o partido para xogalo na xornada que organizamos en Santiago o 7 de abril de 2018.

Infantís masculino e feminino  viaxan a  Culleredo, esta e a ultima xornada de esta fase.

Cadete, o Ribadosar Táboa Asesores descansa esta xornada e o Ribadosar Amancio Deportes xoga o sábado pola tarde no Pavillón Quiroga Palacios.

Vive o Balonmán!!!





martes, 20 de febreiro de 2018

Horarios 24 e 25 de febreiro

Na pasada xornada non se puideron xogar os partidos programados no Pavillón Quiroga Palacios en categorías Infantil Masculino, infantil Feminino e Cadete Masculino por problemas de pingueiras na pista de xogo.

O Sábado as nenas Infantís xogan no Quiroga co C. Polideportivo Lucense a ver si poden rañar dous puntos.
Os 2 equipos cadetes desprázanse ata Carballo e Narón. 

O domingo tamén temos balonmán en Santiago, xogamos os partidos de infantil masculino e feminino aprazados a pasada fin de semana contra o Xiria.

Na seguinte táboa podes ver os horarios.



mércores, 7 de febreiro de 2018

D.E.P.



Hai momentos na vida deses que te deixan sen saber que dicir, porque nada do que digas arranxa nada. Hai momentos na vida, deses que só tes que estar, que acompañar, que sentir, que abrazar, porque a dor compartida din que é menor.

Hoxe no Ribadosar tócanos vivir un deses momentos. Hoxe temos a triste nova do falecemento da nosa querida Marian, nai de Rubén (un dos nosos cadetes), muller de Fernando, (o noso secretario) e tamén colaboradora e amiga do club (Rodríguez Mato Abogados), e por suposto de todos nós.
Alá onde estés, Marian, o noso agarimo mais sincero. Para os que se quedan con nós, Fernando, Rubén e todos os seus familiares, o noso mais sincero pésame, acompañamento e apertas.
D.E.P.

Sábado de entroido


Este fin de semana comeza a copa federación na que vai  participar o noso equipo cadete BM Ribadosar Táboa Asesores no grupo C.

O Bm Ribadosar Amancio Deportes o pasado fin de semana caeu ante un Nova Xestión Pabellón que moi superior no 1º tempo, no segundo os nosos aumentando eficacia en lanzamentos, unha defensa mais sólida e unha portaría espléndida fixeron que o partido se vise mais equilibrado. Este fin de semana mídense ante o Culleredo que un ano mais ben moi forte.

No que respecta a categoría infantil este fin de semana tócalles madrugar para ir a  xogar a Lugo, tanto o equipo feminino coma o  masculino.

Os benxamíns e alevíns este fin de semana descansan para repoñer forzas coas orellas e cocido. Moi bo resultado dos benxamíns  ante o Camariñas. A seguir así.

Moita sorte para todos e a desfrutar do entroido.