Un deporte, unha pasión...

Primeiro Club de Balonmán en Santiago de Compostela

Conctata con nos no ribadosar@gmail.com

mércores, 10 de marzo de 2021

Horarios para os partidos do 13/14 de marzo

 



Este fin de semana o equipo sénior xoga o último partido da primeira volta contra o BM Lucus Parrillada Abel. Un partido difícil no que tentaremos seguir mellorando e intentar sacar algún punto.

O equipo xuvenil e Infantil masculino  xogan  a xornada 1 da liga prata grupo A. Os xuvenís enfróntanse na casa contra o BC360 ED Poio Artai e os infantís nesta ocasión viaxan a oleiros para xogar contra o BM Atlántico.

O Cadete feminino despois da vitoria na casa contra o CP Lucense xogan esta semana o 2ª xornada da liga prata  en Coruña contra o BM Brigantium.

O Cadete masculino despois de perder na 1ª xoranda da liga prata  contra o G. Lemaco Xiria, descansa esta xornada.

Esta semana tamén se esta a probar o control de acceso aos adestramentos coa aplicación de Cluber, con isto seguimos traballando na nosa idea de acabar co papel na nosa xestión.  Seguimos traballando con #sentidiño para a mellorar a seguridade de todos/as  e a protección contra a COVID19 dos nosos/as xogadores/as e técnicos.

Estade atentos as n osas redes, na medida das nosas posibilidades  tentaremos retransmitir os partidos dos nosos equipos en directo.

Polo ben de todos/as actúan con #sentidiño en todas as túas accións, non so no 40x20.

martes, 2 de marzo de 2021

Partidos fin de semana

Este fin de semana inicia a segunda fase de competición os equipos cadetes, tanto o masculino coma o feminino. Xa están publicados os calendarios na nosa web. https://sites.google.com/site/ribadosar/equipos pincha sobre a túa categoría e podes ver clasificacións e calendarios



O partido da fin de semana pasado que se xogou entre o equipo senior masculino BM Ribadosar vs Parrillada la Ronda Arteixo no Pavillón do Restollal finalizou con un marcador a empate a 23 goles. Foi un partido moi igualado en todo momento.