No día de onte, a Xunta de Galicia publicou no Diario Oficial de Galicia unha modificación na orde do 21 de xuño de medidas de prevención para facer fronte á crise sanitaria provocada pola COVID-19, na que se autoriza a realización de adestramentos e competicións con contacto, sempre que os e as deportistas utilicen máscaras.
No BM Ribadosar temos os deberes feitos. As actividades de cada equipo adaptadas aos distintos protocolos que temos que aplicar. Estamos agardando a luz verde con moita ilusión e ganas de empezar unha nova tempada.
Os integrantes do Balonmán Ribadosar (directiva, técnicos, xogadores, familias) non podemos fallar. Temos que ser moi responsables coa nosa actitude tanto no 40x20 coma no resto das horas do día, intentando minimizar os riscos de contaxios.
Para principios da próxima semana comunicaremos os horarios definitivos de adestramento de todas as categorías.
Os adestramentos prevemos que inicien a semana do 28 de setembro para todas as categorías agás os benxamíns e alevíns
Entre todos e todas ímolo conseguir. Arriba Ribadosar!!
Publicación do DOGA