Esgotadas as rifas para o sorteio desta magnífica cesta cedida por Embutidos Campos. No Sorteo do Neno de 5 de xaneiro saberemos quen vai facer un magnífico cocido
Un deporte, unha pasión...
xoves, 21 de decembro de 2023
O Ribadosar reforza os patrocinios e as colaboracións durante este ano 2023
O Club Balonmán Ribadosar renovou para a temporada 2023-2024 o patrocinio de Fisela. Asesoría & Servicios Jurídicos, de Autocares Mougán, de Amancio Deportes e da Clínica Revimedic, e acrecentou como suportes do clube para esta nova andaina máis tres novos patrocinadores: A Nave de Vidán, Jamones y Embutidos Campos e a Casa da Eiriña.
Para alén destes apoios estruturais, neste último semestre colaboraron connosco cemascé. espacios singulares (https://www.cemasce.es/), Fílmate. Estudios Audiovisuales (https://filmate.es/), Restaurante Santa Isabel (https://restaurantesantaisabel.es/), Martín Peluquería de Caballeros, A&M. Peluquería y estética e Enproga. Ensino Profesional Galego S.L. De todos eles tivo coñecemento a nosa base social através das redes de comunicación interna do noso clube e o público em xeral por meio das redes sociais en que marca presenza o Ribadosar.
A todas elas agradecemos o seu contributo en apoio do balonmán de Compostela.
Toda a información sobre como apoiar o Ribadosar e divulgar a túa actividade profisional ou comercial en https://sites.google.com/site/ribadosar/apoiantes
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)