Un deporte, unha pasión...

Primeiro Club de Balonmán en Santiago de Compostela

Conctata con nos no ribadosar@gmail.com

martes, 24 de xaneiro de 2017

Xornada de Balonmán sábado 28

Esta semana temos xornada de mini balonmán, os benxamíns xogan no colexio Alca o mércores entre eles. Os alevíns desta volta tócalles xornada en Zas este sábado.
En Categoría Infantil xogamos contra o líder de grupo o sábado 28 as 12:30 no Quiroga Palacios
En categoría cadete descansan esta xornada.



mércores, 18 de xaneiro de 2017

Horarios

Este sábado 21 de xaneiro os equipos cadete e infantil viaxan a Coruña e Lugo respectivamente. Os Benxamíns e alevíns descansan esta xornada.

Podedes ver neste link os horarios de esta xornada e os resultados dos alevíns e benxamíns en Santa Comba.

martes, 10 de xaneiro de 2017

Xornada balonmán

O Ribadosar despois do parón de nadal, inicia a sua competición regular este fin de semana con partido de Benxamíns e Alevíns en Santa Comba, infantiles en Santiago contra o Lucus Recambios Infra, e os cadetes tocalle descansar. Por outro lado os xuvenís e senior non adestraran ata o próximo mércores por estar en reparación a pista do Restollal.

Aproveitamos estas liñas para desexarvos un Ano 2017 cheo de éxitos deportivos.


Mais info



luns, 9 de xaneiro de 2017

Noraboa Rökkvi!!

Dende o Ribadosar queremos felicitar a Rökkvi Steinumnarson, que compartiu con nós o seu xogo no equipo xuvenil na tempada 15/16, polos éxitos acadados coa Selección Galega, no campionato de España que acaba de rematar. Volta á casa coa súa ben merecida medalla de prata. 

Noraboa campión!!!

Rökkvi, na esquerda, co outro porteiro da Selección Galega


xoves, 5 de xaneiro de 2017

Noraboa Marcos!!!

Dende este foro queremos darlle a noraboa a Marcos Fernández, (Xogador e Adestrador do C.B. Ribadosar ) polos éxitos que esta a ter na Vela.

Os nosos Parabéns!!!

Fonte: El Correo Gallego