Un deporte, unha pasión...

Primeiro Club de Balonmán en Santiago de Compostela

Conctata con nos no ribadosar@gmail.com

xoves, 21 de febreiro de 2019

Programación próximos eventos


O sábado temos partidos de benxamíns e alevíns entre os nosos equipos. Estaremos no Pavillón Quiroga Palacios dende as 9:30 horas

O domingo o equipo xuvenil xoga contra o Camariñas no pavíllon do Restollal as 12:30 horas, eo  cadete desta vez viaxa a Ferrol, xogan as 12:00 horas.

Os equipos infantís descansan esta fin de semana


O mércores 27 de febreiro temos unha viaxe a Cangas. Imos ver o partido entre o Frigoríficos do Morrazo vs FC Barcelona


Programa:

Saimos dende o Colexio C. Quiroga Palacios, as 18:30 (hai que estar 10´antes). O partido e as 20:30 no pavillón do Gatañal en Cangas. Estaremos de volta en Santiago sobre as 23:30 horas.

Recomendase levar un bocadillo para a cea e algo de beber, de todos xeitos alí temos cantina para o que queira comprar algo.

Dende o Club Balonmán Ribadosar pretendemos con estas actividades acercar o balonmán de máxima categoría aos nosos xogadores e socios. Esperamos que o desfrutedes o máximo.





Infantil Masculino e Feminino




A estas alturas de tempada os equipos infantís  tanto os dous masculinos coma o feminino remataron  a 1ª fase. Este fin de semana descansan.

Aquí podes ver un breve resume de como queda e sigue a tempada para os infantís

O Ribadosar Level Fabrics (Infantil masculino) quedou 2º clasificado de grupo.



O día 2/3 de marzo empeza a fase Norte postos 1 a 8. Xa podes consultar as xornadas na nosa web.

O Ribadosar.es ( infantil masculino) despois de facer moi bo xogo quedou  7º clasificado de grupo.


O día 2/3 de marzo empeza a Copa Delegación  Norte. Xa podes consultar as xornadas na nosa web.

O RibadosarIF (infantil Feminino) quedou 2ª clasificado de grupo.



O día 2/3 de marzo empeza a Copa Delegación  Norte. Xa podes consultar as xornadas na nosa web.

Parabéns a todos  os equipos polo compromiso e mellora que tiveron nesta 1ª fase. 

Dende aquí invitamos a todos a seguir desfrutando do balonmán en Compostela.

mércores, 13 de febreiro de 2019

Horarios para o sábado 16 de febreiro

Este fin de semana o Ribadosar viaxa a distintos destinos cos seus equipos, tal e como podedes ver nas seguintes táboas.

Os equipos benxamíns, alevíns e Infantil Masculino Ribadosar Level Fabrics descansan este fin de semana.



Desfruta do Balonmán en Santiago!!!