Un deporte, unha pasión...

Primeiro Club de Balonmán en Santiago de Compostela

Conctata con nos no ribadosar@gmail.com

xoves, 20 de xuño de 2019

Campionato do Mundo Júnior Masculino 2019, do 16 ao 28 de xullo

O próximo mes de xullo celebrase o Campionato do Mundo Júnior Masculino 2019 en Vigo e Pontevedra. 

O Balonmán Galego do 16 ao 28 de xullo temos a oportunidade de desfrutar do xogo das grandes promesas do balonmán. 

Axuntamos a carta do presidente da federación a comunidade do balonmán asi como un díptico que nos pasaron da organización.


Anímate!!

Carta do Presidente da Federación Galega 




Inscribite como voluntario 




www.spainhandball19.com

martes, 11 de xuño de 2019

Tempada 2019 / 2020


Queres Formar parte do Ribadosar??



Equipo Senior Masculino  

No Club Balonmán Ribadosar apostamos por sacar un equipo sénior masculino en 2ª división Galega. 
Se es xogador de balonmán nado ata o 2001 e queres formar parte do noso proxecto, aínda estas a tempo. O prazo para inscribirse acaba o 24 de xuño. 
Cubre o seguinte formulario e poñerémonos en contacto contigo.


Equipos Femininos.


Unha tempada mais queremos apostar polo balonmán feminino, por iso buscamos nenas nadas entre o 2004 e o 2007 para completar os equipos infantil e cadete. Non esperes mais, inscríbete!! Contactamos contigo.

Benxamín e alevín

O balonmán de base e a nosa identidade, por iso buscamos nenas e nenos nados entre o 2008 e o 2013 que queiran formar parte das nosas escolas de balonmán e seguir así nutrindo as categorías superiores. Inscríbete. En setembro imos ter xornadas de portas abertas para que veñas a probar. Contactamos contigo. 




Tamén buscamos empresas colaboradoras con nos. 
Axúdanos a levar este proxecto adiante.
Envíanos un  e-mail ribadosar@gmail.com 
e contactaremos contigo.



luns, 27 de maio de 2019

Fin de tempada 2018 / 2019

Un ano mais chegamos ao final da tempada. No Balonmán Ribadosar esta fin de semana pasada estivemos cos motores a tope, o sábado estivemos pola maña coa festa do balonmán, acto que facemos cada fin de tempada para logo acabar cun xantar. Un día no que buscamos que os nosos xogador@s e familias desfruten ao máximo deste deporte. Esperamos que fose así.

Pero non acabou todo aí, os mais pequechos clasificáronse para as fases finais, así que o domingo desprazáronse os dous equipos a xogar as fases finais a Camariñas. Non foi de balde, xa que viñeron todos contentos cas súas medallas.

Na sección multimedia da web do Balonmán Ribadosar www.ribadosar.es/multimedia podes ver as fotos dos distintos eventos.





venres, 17 de maio de 2019

Fase Final Campionato Provincial A Coruña


O próximo 26 de maio de 2019 temos una cita no pavillón Municipal de Camariñas coa Fase Final do Campionato Provincial de A Coruña.

A xornada levarase a cabo dende as 15:00 horas que comeza o primeiro partido ata as 20:30 aproximadamente que será a entrega de premios

Este tempada o BM Ribadosar clasificou os dous equipo benxamíns para as fases finais.

A saída farase o domingo as 13:00 horas dende de o Colexio Quiroga Palacios. Os xogadores terán que estar 10 minutos antes da saída para poder organizar a viaxe.

IV Torneo Balonmán Feminino Letras Galegas 2019

No dia de hoxe o equipo infantil feminino viaxou a Culleredo a participar no “IV Torneo Balonmán Feminino 2019 Letras Galegas”.

As nosas viaxaron con moita ilusión e con moitas ganas de desfrutar do torneo. Tanto e así que que veñen para Santiago con un trofeo para o equipo  e o de mellor porteira do torneo para a nosas porteira Laura.

Parabéns  a todo o equipo pola tempada que esta a facer e tamén para ao @BmCulleredo por iniciativas coma esta e a boa organización. Moitas grazas




domingo, 12 de maio de 2019

Xornada final copa infantil

No día de onte os nosos equipos infantís Bm Ribadosar IF e o BM Ribadosar.es xunto cos equipos de BM Camariñas deron un espectáculo de balonmán, tanto os xogadores e xogadoras coma os seareiros e seareiras que asistiron a estes encontros.

Tanto o equipo feminino coma o masculino fixeron unha moi boa tempada, aínda que a veces nos resultados non o amosaron. Ao final da tempada o balance e estupendo.

No dia de onte as rapazas despois dunha partido moi axustado, perderon de un so tanto contra o primeiro clasificado manténdose na táboa clasificatoria no segundo posto da Copa. Os rapaces tamén tiveron un partido moi axustado contra o primeiro clasificado na copa, acabando o partido con un empate. Con este resultado quedamos terceiros clasificados na táboa ao final da Copa Federación.

Parabéns para os dous equipos polo esforzo, compromiso e dedicación.

Na seguinte ligazón podes ver as fotos e vídeos de actividades do Club Balonmán Ribadosar. Estate atent@ as actualizaciones.










martes, 7 de maio de 2019

Derradeira xornada de Copa Infantil Feminina e Masculina

Este sábado no Pavillón Quiroga Palacios temos dous encontros, que seguro dos deixan bo sabor de boca para o final de tempada.

Infantil Feminino as 11:00

O BM Camariñas campión de copa e o Ribadosar IF segundo clasificado independente do que pase este sábado, seguro que os dous equipos nos dan un espectacular partido.

Infantil Masculino as 12:30

O BM Camariñas esta primeiro da táboa, o Ribadosar.es terceiro clasificado empatado co segundo BM Culleredo, os dous equipos están obrigados a gañar para optar aos primeiros postos. Seguro nos dan un espectacular partido, como nos veñen tendo acostumados.

A desfrutar todos dos últimos partidos de copa Infantil.