Un deporte, unha pasión...

Primeiro Club de Balonmán en Santiago de Compostela

Conctata con nos no ribadosar@gmail.com

domingo, 19 de maio de 2024

Ribadosar e Casa da Eiriña sortearon unha noite de aloxamento rural

O Club Balonmán Ribadosar agradece a colaboración de toda a xente que participou no sorteo dunha noite para dúas persoas oferecida polo noso patrocinador Casa da Eiriña (casa rural en Eirapedriña, Bugallido, Ames). Queremos destacar especialmente o compromiso das persoas asociadas e deportistas do clube con esta iniciativa, xa que ela contribúe de maneira destacada para a sustentabilidade do Ribadosar e para a promoción do balonmán nas Terras de Compostela. 

O boleto premiado correspóndese co número 92797, agraciado no sorteo do Cuponazo da ONCE do pasado 17 de maio. A persoa gañadora, que xa contactou connosco, é unha simpatizante do noso clube residente na comarca. Os nosos parabéns para ela e o noso sincero agradecimento á Casa da Eiriña.






 

luns, 6 de maio de 2024

Portas Abertas no Ribadosar

 Nas tardes de 13 a 31 de maio no Pavillón Quiroga Palacios

Se aínda non sabes que o balonmán é o teu deporte,
compróbao nas xornadas de Portas Abertas do Club Balonmán Ribadosar.

Anótate e poderás adestrar connosco de 13 a 31 de maio no Pavillón Quiroga Palacios

O único que tes de facer é preencher este formulario ou acudir directamente no horario correspondente á túa idade ao pavillón (Rúa Monte de Conxo, nº 50) co teu documento de identidade (e o da persoa adulta responsábel se és menor de idade). Así poderemos tramitar o teu seguro deportivo e poderás comezar a adestrar inmediatamente e de maneira segura, co acompañamento dos nosos adestradores e adestradoras.

 

(sénior adestra no horario de xuvenís)

Non esquezas levar unha mochila con:

    1. roupa e calzado deportivo (tenis diferentes aos usados na rúa)

    2. garrafa de auga co teu nome

    3. toalla pequena

Tes toda a información na nosa web (www.ribadosar.es) e nas nosas redes sociais:

Consúltanos calquera dúbida en ribadosar@gmail.com

 

Somos o balonmán en Compostela!

A participación nas xornadas de Portas Abertas do Club Balonmán Ribadosar non supón ningún compromiso de permanencia no clube.

Esta é unha actividade segura, porque rapaces e raparigas participantes contan con un seguro deportivo e o proceso formativo está guiado e acompañado en todo o momento por adestradores e adestradoras con formación regrada, experiencia contrastada e compromiso cos valores propios do noso clube.