Un deporte, unha pasión...

Primeiro Club de Balonmán en Santiago de Compostela

Conctata con nos no ribadosar@gmail.com

mércores, 12 de abril de 2023

Axenda para o 15 e 16 de Abril

Despois do parón de Semana Santa seguimos con balonmán. Os nosos infantiles viaxan o sábado pola mañana a Vigo.

Os benxamín e alevín este fin de semana teñen un torneo en Culleredo Balonmán na Rúa 5x5 que se xoga na praza da igresa de Vilaboa (Culleredo)

A competición constará de unha liga de todos contra todos a unha volta (2 tempos de 10

minutos cada un).

Clasificaranse para a xornada do domingo (semifinais e finais) o mellor equipo de cada

grupo.

Puntuación do torneo: 3 puntos parte ganada, 2 puntos parte empatada e 1 punto parte

perdida.


En caso de clasificarnos para o domingo serian estes horarios


Os equipos xuvenil e cadete xa acabaron a competición oficial, estamos a ver si organizamos algunha actividade con outros clubes. 




martes, 28 de marzo de 2023

Axenda para o 1 e 2 de abril

 Esta fin de semana os noso infantís teñen dúas xornadas na casa.

O sábado xogamos contra o Bm Porriño e o domingo o partido aprazado polo mal estado da pista contra o Rasoeiro.

Os benxamíns e alevíns descansan esta fin de semana ata despois de Semana Santa.

O equipo cadete acabou a primeira fase e o xuvenil a segunda fase. Ámbolos dous equipos están a espera por se convocan unha nova fase por parte da Federación Galega.

Esta Semana Santa dámoslle descanso a todos os equipos. Voltaremos aos adestramentos o luns 10 de abril.





martes, 14 de marzo de 2023

Horarios para o 18 de marzo

Este fin de semana os infantís viaxan a Carril o sábado pola mañan. Todos os demais equipos descansan este fin de semana.



mércores, 8 de marzo de 2023

mércores, 1 de marzo de 2023

Horarios dos nosos equipos para o 4 e 5 de marzo

Este fin de semana o equipo xuvenil xoga o sábado no pavillón de O Restollal contrao BM Tui, os infantis xagan o domingo contra o linea21 en A Coruña, os cadetes e os benxamins descansan.

Por outro lado os alevíns teñen un torneo no campus da usc o domingo, do que sabemos que empezan as 11:00 pero ainda non temos as horas de todos os partidos. Tan pronto sepamos os cruces de alevín publicaranse nas redes sociais do @bmribadosar