Un deporte, unha pasión...

Primeiro Club de Balonmán en Santiago de Compostela

Conctata con nos no ribadosar@gmail.com

mércores, 5 de febreiro de 2014

Gran actuación dos nosos equipos o fin de semana

O sábado pasado tivemos unha gran actuación dos nosos equipos.

Pola mañá en Carballo os benxamíns e Alevín arrasaron gañando os catro tempos. No equipo benxamín debutaron Abrahan e Dawit facendo un moi vo partido sen esquecer o traballo e resolución de Valería, Bruno e Enrique. No alevín tamén loitaron ata o ultimo segundo mostrándose así no resultado final.




Pola tarde tivemos un pavillón con moita afluencia de público. Xogaron as catro os cadetes facendo un partido moi bo no que estiveron gran parte do partido por diante ata os últimos minutos, onde o resultado decantouse polo Carballal perdendo así de un gol. 


As sete da tarde xogaron os infantís fronte o Narón  perdendo este partido contra o que vai 2º na táboa de Clasificación empatado co Ártabro. Foi un partido moi difícil para o noso conxunto pola envergadura do equipo visitante. Contamos co debut de Martín que fixo un vo partido.

En resumen gran fin de semana de todos os nosos xogadores. A seguir traballando e pasando moi ben.






Ningún comentario:

Publicar un comentario