Este fin de
semana o equipo sénior xoga o último partido da primeira volta contra o BM
Lucus Parrillada Abel. Un partido difícil no que tentaremos seguir mellorando e
intentar sacar algún punto.
O equipo xuvenil
e Infantil masculino xogan a xornada 1 da liga prata grupo A. Os xuvenís
enfróntanse na casa contra o BC360 ED Poio Artai e os infantís nesta ocasión
viaxan a oleiros para xogar contra o BM Atlántico.
O Cadete feminino
despois da vitoria na casa contra o CP Lucense xogan esta semana o 2ª xornada
da liga prata en Coruña contra o BM Brigantium.
O Cadete
masculino despois de perder na 1ª xoranda da liga prata contra o G. Lemaco Xiria, descansa esta xornada.
Esta semana tamén
se esta a probar o control de acceso aos adestramentos coa aplicación de Cluber,
con isto seguimos traballando na nosa idea de acabar co papel na nosa xestión. Seguimos traballando con #sentidiño para a
mellorar a seguridade de todos/as e a protección
contra a COVID19 dos nosos/as xogadores/as e técnicos.
Estade atentos as
n osas redes, na medida das nosas posibilidades
tentaremos retransmitir os partidos dos nosos equipos en directo.
Polo ben de todos/as actúan con #sentidiño en todas as túas accións, non so no 40x20.
Ningún comentario:
Publicar un comentario