Un deporte, unha pasión...

Primeiro Club de Balonmán en Santiago de Compostela

Conctata con nos no ribadosar@gmail.com

martes, 18 de abril de 2023

Resume xornada pasada e horarios para o 22 de Abril

Este pasado fin de semana viaxamos cos infantís a Vigo, un partido complicado no que nos fixemos cos dous puntos.



Os equipos benxamín e Alevín estiveron no balonmán na rúa o sábado na fase clasificatoria conseguindo clasificarse para semifinais o equipo benxamín e os dous equipo alevíns presentados. O domingo xogamos as semifinais e clasificamos para a final o equipo benxamín e un dos dous alevíns. O Benxamín Proclamouse campión da súa categoría dándolle unha praza na fase final que se prevé xogar en Camariñas o próximo 19 a 21 de maio. O Alevín perdeu na final pola mínima contra o Culleredo.



Os xuvenís  viaxaron o domingo a Carril a disputar un partido amigable co BM Arousa. O equipo completouse con xogadores cadetes. O partido acabou en táboas.


Un fin de semana cheo de boas sensacións.

Xa de cara a este fin de semana temos os infantís que xogan na casa o sábado pola mañan e os benxamíns que viaxan a Abegondo.

Os demais equipos descansan este fin de semana.



 









Ningún comentario:

Publicar un comentario