Un deporte, unha pasión...

Primeiro Club de Balonmán en Santiago de Compostela

Conctata con nos no ribadosar@gmail.com

mércores, 3 de maio de 2023

Resume pasada xornada e horarios para este fin de semana

O pasado fin de semana foi moi intenso cos mais pequenos do club.

Os nosos alevíns viaxaron a Coruña  onde gañaron os dous encontros. Finalizaron a primeira fase clasificándose no terceiro posto do seu grupo o que lles da unha praza para os cuartos de final. Polo de agora toca descansar ata que saian publicados os horarios e sede dos cuartos de final que se esperan para o fin de semana do 21 de maio.


Os Infantís viaxaron a Pontevedra onde  disputaron un partido moi bo contra un Teucro que se levou os dous puntos. Nesta xornada finalizouse a segunda fase de competición na que a pesar do que se ve na táboa clasificatoria, puidemos ver a melloría de todos os membros do equipo.

Os benxamíns viaxaron a Oleiros onde xogaron dous partidos. Empataron un e gañaron o outro, moi boa evolución dos mais pequenos que están nos postos para loitar polos dezaseisavos de final faltando so dous partidos. Clasifican os 9 primeiros do grupo ABC Norte

Xa para esta fin de semana temos os dous ultimo partidos de fas cos benxamíns en Arteixo. E co equipo xuvenil temos o Torneo de Santa Rita no pavillón de Carril.

O torneo de xuvenil será o sábado durante todo o día empezamos o primeiro partido as 12:00 contra o BM Arousa comeremos e logo pola tarde xogase as 18:00 horas terceiro e cuarto posto e as 19:30 a final.

O resto de equipos descansan esta próxima xornada.



Ningún comentario:

Publicar un comentario