Un deporte, unha pasión...

Primeiro Club de Balonmán en Santiago de Compostela

Conctata con nos no ribadosar@gmail.com

domingo, 19 de maio de 2024

Festival Fin de Temporada do Club Balonmán Ribadosar

Pavillón Quiroga Palacios, 31 de maio de 2024, 18:30h-21h

 O Club Balonmán Ribadosar convida a persoas asociadas e simpatizantes a asistirem ao Festival de Fin de temporada que terá lugar na sexta feira (venres) 31 de maio, de 18:30h a 21h, no Pavillón Quiroga Palacios de Conxo.

Despediremos a temporada con varios partidos de exhibición en que participarán deportistas de todas as categorías do clube.

Partidos:

18:30h-18:40h> Benxamíns vs Alevíns

18:45h-19:00h> Benxamíns/ Alevíns vs nais/ pais

19:05h-19:20h> Infantil 1 vs Infantil 2

19:25h-19:45h> Infantís vs nais/ pais

19:50h-20:05h> Cadetes vs Xuvenís

20:10h-20:30h> Cadetes/ Xuvenís vs nais/ pais

20:45h: Fotografia grupal e despedida.

 

Para lembrar:

  • Portas Abertas do Club Balonmán Ribadosar até 31 de maio.
  •  Equipa Benxamín clasificada para a Final4 da Liga Prata.
  •  Equipa Alevín clasificada para a Final4 da Liga Ouro.
  •  Asemblea Ordinaria de socios e socias do Ribadosar será convocada para o día 21 de xuño ás 18:30h na Nave de Vidán. Haberá petiscos a partir das 19:30h (inscrición previa através do seguinte formulario antes das 12h do dia 14 de xuño).

Oferta de emprego (adestradores/as para o Club Balonmán Ribadosar)

 

O Club Balonmán Ribadosar procura adestradores/as para equipa senior masculina de próxima creación e para as súas categorías de base.



Ofrece:

Incorporación inmediata con contrato fixo descontinuo, a tempo parcial, por unha duración estimada de 9 meses por ano e 1.276 horas anuais, distribuídas en 7,5 horas semanais.

Pagamento por realización de servizos segundo fixado no Convenio Colectivo de Instalacións Deportivas e Ximnasios de Galicia (DOG 134, de 7 de xullo de 2020) para adestrador/a ou monitor/a multidisciplinar para o grupo profisional do “GRUPO 2” (para a equipa senior) e do "GRUPO 3, NIVEL 2" para as categorías inferiores.

Valora:

1.       Titulación específica: título de adestrador/a de balonmán (nivel 3, nivel 2 ou nivel 1).

2.       Outra formación para as funcións requeridas.

3.       Disponibilidade para a formación.

4.       Experiencia profisional ou asociativa no ámbito socio-comunitario ou deportivo (particularmente do balomnán).

5.       Compromiso co clube.

Enviar curriculum para ribadosar@gmail.com até as 12 horas de 15 de xuño de 2024.

Ribadosar e Casa da Eiriña sortearon unha noite de aloxamento rural

O Club Balonmán Ribadosar agradece a colaboración de toda a xente que participou no sorteo dunha noite para dúas persoas oferecida polo noso patrocinador Casa da Eiriña (casa rural en Eirapedriña, Bugallido, Ames). Queremos destacar especialmente o compromiso das persoas asociadas e deportistas do clube con esta iniciativa, xa que ela contribúe de maneira destacada para a sustentabilidade do Ribadosar e para a promoción do balonmán nas Terras de Compostela. 

O boleto premiado correspóndese co número 92797, agraciado no sorteo do Cuponazo da ONCE do pasado 17 de maio. A persoa gañadora, que xa contactou connosco, é unha simpatizante do noso clube residente na comarca. Os nosos parabéns para ela e o noso sincero agradecimento á Casa da Eiriña.






 

luns, 6 de maio de 2024

Portas Abertas no Ribadosar

 Nas tardes de 13 a 31 de maio no Pavillón Quiroga Palacios

Se aínda non sabes que o balonmán é o teu deporte,
compróbao nas xornadas de Portas Abertas do Club Balonmán Ribadosar.

Anótate e poderás adestrar connosco de 13 a 31 de maio no Pavillón Quiroga Palacios

O único que tes de facer é preencher este formulario ou acudir directamente no horario correspondente á túa idade ao pavillón (Rúa Monte de Conxo, nº 50) co teu documento de identidade (e o da persoa adulta responsábel se és menor de idade). Así poderemos tramitar o teu seguro deportivo e poderás comezar a adestrar inmediatamente e de maneira segura, co acompañamento dos nosos adestradores e adestradoras.

 

(sénior adestra no horario de xuvenís)

Non esquezas levar unha mochila con:

    1. roupa e calzado deportivo (tenis diferentes aos usados na rúa)

    2. garrafa de auga co teu nome

    3. toalla pequena

Tes toda a información na nosa web (www.ribadosar.es) e nas nosas redes sociais:

Consúltanos calquera dúbida en ribadosar@gmail.com

 

Somos o balonmán en Compostela!

A participación nas xornadas de Portas Abertas do Club Balonmán Ribadosar non supón ningún compromiso de permanencia no clube.

Esta é unha actividade segura, porque rapaces e raparigas participantes contan con un seguro deportivo e o proceso formativo está guiado e acompañado en todo o momento por adestradores e adestradoras con formación regrada, experiencia contrastada e compromiso cos valores propios do noso clube.