Anótate
e poderás adestrar connosco de 13
a 31 de maio
no
Pavillón Quiroga Palacios
O único que tes de facer é preencher este formulario ou acudir directamente no horario correspondente á túa idade ao pavillón (Rúa Monte de Conxo, nº 50) co teu documento de identidade (e o da persoa adulta responsábel se és menor de idade). Así poderemos tramitar o teu seguro deportivo e poderás comezar a adestrar inmediatamente e de maneira segura, co acompañamento dos nosos adestradores e adestradoras.
(sénior adestra no horario de xuvenís)
Non esquezas levar unha mochila con:
-
roupa e calzado deportivo (tenis diferentes aos usados na rúa)
-
garrafa de auga co teu nome
-
toalla pequena
Tes toda a información na nosa web (www.ribadosar.es) e nas nosas redes sociais:
Consúltanos calquera dúbida en ribadosar@gmail.com
Somos o balonmán en Compostela!
A participación nas xornadas de Portas Abertas do Club Balonmán Ribadosar non supón ningún compromiso de permanencia no clube.
Esta é unha actividade segura, porque rapaces e raparigas participantes contan con un seguro deportivo e o proceso formativo está guiado e acompañado en todo o momento por adestradores e adestradoras con formación regrada, experiencia contrastada e compromiso cos valores propios do noso clube.


Ningún comentario:
Publicar un comentario