Un deporte, unha pasión...

Primeiro Club de Balonmán en Santiago de Compostela

Conctata con nos no ribadosar@gmail.com
Amosando publicacións coa etiqueta Xornada de portas abertas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Xornada de portas abertas. Amosar todas as publicacións

luns, 16 de setembro de 2019

Portas abertas balonmán

Seguimos de portas abertas unha semana mais, para todos/as os que queiran vir a probar o balonmán.
Esperámoste no Pavillón Quiroga Palacios cos seguintes horarios.


Cubre este formulario e poñémonos en contacto contigo. 



sábado, 7 de setembro de 2019

Inicio das xornadas de portas abertas de Balonmán

Esta semana comezamos coas xornadas de portas abertas de Balonmán no Ribadosar.

Dende o balonmán Ribadosar invitamos a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 6 a 15 anos a probar o balonmán  nos nosos adestramentos.




Cubre este formulario e poñémonos en contacto contigo. Formulario




Estamos no Pavillón Quiroga Palacios
nos seguintes horarios.



luns, 22 de abril de 2019

Portas abertas en maio

Queres xogar ao Balonmán?

Os rapaces e rapazas de #compostela e comarca estades de sorte. 

A partires do 6 de maio esperamoste para que veñas a probar o balonmán cos nosos equipos de balde.

Non esperes máis, apúntate no formulario sen compromiso, e ven cos teus amig@s.



venres, 14 de setembro de 2018

Balonmán. Portas abertas en setembro

Xogas ao Balonmán?

Os rapaces e rapazas de #compostela e comarca estades de sorte. En setembro podes vir a probar si che gusta de balde.

Non esperes máis, apúntate no formulario sen compromiso, e ven cos teus amig@s.

Formulario




venres, 9 de setembro de 2016

Xornadas de portas abertas en setembro en Santiago

O vindeiro venres 16 de setembro de 16 a 18 horas empeza a actividade de balonmán para nenos/as de 1º a 6º de primaria, este mes de setembro imos facer xornadas de portas abertas (gratuíto) para que todos os nenos que queiran probar poidan asistir.  
Estamos pendentes de dispoñer de mais horas de pavillón a ver se en outubro segundo o volume de nenos podemos distribuír en mais días.


sábado, 19 de setembro de 2015

II xornada de balonmán gratuita tempada 2015/16

Todos os nenos e nenas de 6 a 12 anos que queirades probar en que consiste o balonmán, estades invitados a participar o venres 25 de setembro de 16 a 18 horas no Pavillón Quiroga Palacios nunha actividade totalmente gratuita.

Apuntate aquí

En observacións pon:  "Xornada Gratuita 25 de setembro"

venres, 11 de setembro de 2015

Xornada de balonmán gratuita!!!

Todos os nenos e nenas de 6 a 12 anos que queirades probar en que consiste o balonmán, estades invitados a participar o venres 18 de setembro de 16 a 18 horas no Pavillón Quiroga Palacios nunha actividade totalmente gratuita.



En observacións pon:  "Xornada Gratuita 18 de setembro"

martes, 16 de xuño de 2015

Peche da tempada 2014/2015


O sábado 13 de xuño no Pavillón Quiroga Palacios levouse a cabo o peche das escolas de Balonmán en Santiago de Compostela 2014/2015 coa seguinte axenda:
10:30 Comezamos o día con diversos xogos de mini-balonmán no que participaron cerca de 60 nenos/nenas de distintas categorías todos eles moi ilusionados que estiveron xogando sen parar.
12:30 Recuperamos forzas con unha barriña de cereais e un refresco

12:40 Procedemos ao sorteo de 10 camisetas entre os asistente.
13:00 Partido de balonmán entre os xogadores do club de categorías Infantil Cadete de Xuvenil.
14:00 Peche das actividades deportivas
15:00 Comida para todos os que se apuntaron no restaurante Monte da Condesa
17:00 Entrega de Medallas aos Infantís que quedaron campións de grupo e sextos de Galicia na súa categoría.
Aproveitar este espazo para agradecer a todos os participantes nesta xornada (nenos, pais, xogadores do club, membros da directiva, etc) todo o esforzo que fixeron para que estes días se poidan celebrar.
Grazas pola vosa participación

clic aqui para ver fotos.

venres, 3 de outubro de 2014

Ultima hora

A xornada de presentación dos equipos para o sábado dia 4 de outubro cámbiase ao pavillón Quiroga Palacios mantendo a mesma programación.  

luns, 16 de xuño de 2014

Xornada de portas abertas 20 de xuño

Este venres 20 de xuño de 16:30 a 18:00 e de 16:00 a 18:00 nos pavillóns dos colexios Lopez Ferreiro e Quiroga Palacios vamos acelebrar as xornadas de portas abertas que se veñen celebrando todos os anos a finais de curso, para que os nenos poidan probar si lles gusta o balonmán. Vai ser unha xornada totalmente gratuita o único que teñen que facer e traer routa e calzado deportivo. Ides pasalo moi ben, animadevos!!!!!!

Calquera dubida ribadosar@gmail.com