Un deporte, unha pasión...

Primeiro Club de Balonmán en Santiago de Compostela

Conctata con nos no ribadosar@gmail.com

mércores, 5 de febreiro de 2014

Gran actuación dos nosos equipos o fin de semana

O sábado pasado tivemos unha gran actuación dos nosos equipos.

Pola mañá en Carballo os benxamíns e Alevín arrasaron gañando os catro tempos. No equipo benxamín debutaron Abrahan e Dawit facendo un moi vo partido sen esquecer o traballo e resolución de Valería, Bruno e Enrique. No alevín tamén loitaron ata o ultimo segundo mostrándose así no resultado final.




Pola tarde tivemos un pavillón con moita afluencia de público. Xogaron as catro os cadetes facendo un partido moi bo no que estiveron gran parte do partido por diante ata os últimos minutos, onde o resultado decantouse polo Carballal perdendo así de un gol. 


As sete da tarde xogaron os infantís fronte o Narón  perdendo este partido contra o que vai 2º na táboa de Clasificación empatado co Ártabro. Foi un partido moi difícil para o noso conxunto pola envergadura do equipo visitante. Contamos co debut de Martín que fixo un vo partido.

En resumen gran fin de semana de todos os nosos xogadores. A seguir traballando e pasando moi ben.






mércores, 29 de xaneiro de 2014

Horarios sábado 1 de febreiro

O sábado 1 de febreiro pola mañá, temos unha xornada de partidos nas categorías benxamín e alevín en Carballo. O equipo Ribadosar Omega descansa.  Pola tarde os cadetes xogan contra o Carballal,  e os infantís o último partido da 1ª fase contra o Narón. Vide animar o voso club.  Ver Horarios

martes, 21 de xaneiro de 2014

Horarios sábado 25 de xaneiro

O sábado 25 de xaneiro  pola maña, temos unha xornada de partidos amistosos no colexio Alca en Biduido, nas categorías benxamín e alevín.  Os cadetes xogan en Pontedeume pola tarde e os infantís descansan.  Ver Horarios


martes, 14 de xaneiro de 2014

Horarios fin de semana

Cambio de hora para o partido  Ribadosar - BM Tui, adiantase  30' quedando a hora de inicio para as 16:30 



Publicados os horarios para o fin de Semana.  Os benxamins e alevins viaxan a Camariñas, os infantiles A Coruña e os cadetes xogan na casa pola tarde. A disfrutar do balonmán!!!!.

Ver Horarios

mércores, 8 de xaneiro de 2014

Horarios fin de Semana

Xogamos, os infantiles o sábado día 11 de xaneiro no Quiroga, e os cadetes  o domingo en Redondela. Ver Horarios

martes, 7 de xaneiro de 2014

Aviso

Mañá mércores  día 8 de xameiro volvemos a normalidade cos adestramentos.