Un deporte, unha pasión...

Primeiro Club de Balonmán en Santiago de Compostela

Conctata con nos no ribadosar@gmail.com

mércores, 10 de febreiro de 2016

Xuvenil

O Domingo no restollal victoria do BM Ribadosar Balonmán.com contra o BM Cañiza Xestaservi (23 - 21) un partido moi axustado.



Cuartos na táboa despois do partido contra A Cañiza


Este fin de semana todos a O Rosal


Horarios fin de semana

Xa temos os horarios do fin de semana do 13 e 14  de febreiro. Os benxamíns xogan en Carballo, os xuveniles no Rosal, os infantil mixto en Ferrol, o infantil masculino na casa e os Alevíns descansan.


mércores, 3 de febreiro de 2016

Xuvenil

O Noso equipo xuvenil comenza o domingo 7 de febreiro a Copa Federación que ten unha duración ata o 3 de abril.

Como se pode ver na seguinte táboa vamos clasificados en 5ª posición empatados a puntos co 4ª.


Dende aquí queremos facer un reconocemento pola mellora que estamos a ver como equipo a toda a plantilla:  Roberto, Dani Maceiras, Oscar, Quique, Dani Gomez, Oscar Dosil, Javi Aboal, Ricardo, Marcos, Andres, Alex, Javi Bonome, Adrian, e a nova incorporación Rökkvi que esperamos que se sinta arroupado na sua nova casa, sin olvidarnos tamén do adestrador Enrique, delegados Juan Carlos, Juan e Luis Miguel.

Dani M., estamos contigo desexamosche o mellor, que te recuperes, e que pronto podamos verte e compartir pistas contigo. Ánimos!!

Vamos Rapaces!!! a seguir adestrando forte para poder mellorar.  un, dous, tres ARRIBA...!!!

Dende aquí animamos a todos os siareiros a que veñades animar.

Partidos Entroido 2016.

Este fin de semana (sábado e domingo de entroido) nas categorías Infantil masculino e xuvenil non descansamos. Os infantiles xogan en Ourense e os xuvenís empezan a Copa Federación xogando no Pavillón do Restollal contra o BM CAÑIZA XESTASERVI. As demais categorias teñen vacacions polo entroido.


martes, 26 de xaneiro de 2016

Partidos

Este Fin de semana (Domingo 31 de xaneiro) solo xogan os equipos Infantiles, o mixto  contra o Xiria e o masculino contra o Tui. O Equipo Xuvenil acabou a 1ª fase clasificándose 6º de grupo, estamos a esperar o comezo da Copa Federación, de seguido colgamos o calendario das xornadas. Benxamín e Alevín nesta xornada descansan.



xoves, 14 de xaneiro de 2016