Estamos case ao final da tempada, xa empezando a preparar a tempada 2016/2017 organizando equipos, etc.
Os equipos Benxamín e Alevín xa acabaron a su tempada oficial, en breve comunicaremos as datas para partidos amistosos e xornada de peche de tempada.
Os xuvenís tamén acabaron a súa tempada oficial e en breve teremos unha reunión para organizar a tempada que ven.
Os dous equipos infantís que temos aínda lle queda un partido oficial a cada un deles, o equipo mixto este fin de semana descansa e o masculino viaxa a Lalín. Estamos pendentes de varios torneos de fin de tempada en breve comunicaremos as datas.
Un deporte, unha pasión...
mércores, 11 de maio de 2016
Sábado 14 de maio
Etiquetas:
horarios
Ubicación:Santiago de Compostela
Santiago de Compostela, La Coruña, España
mércores, 4 de maio de 2016
Horarios sábado 7 de maio
A competición regular de alevín e benxamín xa rematou, agora quedan as fases finais, a competición que sigue activa e a categoría infantil na cal nos temos dous equipos en distintas categorías. Xogan tanto os infantil mixto (Ribadosar.es) coma o infantil Masculino (BM Ribadosar) este sábado no pavillón Quiroga Palacios. Podes ver os horarios na seguinte táboa. Ven animar ao Ribadosar!!!
Etiquetas:
horarios
Ubicación:Santiago de Compostela
Santiago de Compostela, La Coruña, España
mércores, 27 de abril de 2016
XIII CAMPIONATO GALEGO DE SELECCIÓNS PROVINCIAIS
Este fin de semana 1 de maio celébrase en Lalín o Campionato Provincial de Seleccións, no cal están seleccionados dous xogadores do noso equipo infantil Teo e Felipe, Felipe non poderá participar por unha lesión, desde aquí queremos darlle o noso máximo apoio para unha pronta recuperación.
Parabén aos dous e para ti Teo desexámosche un excelente campionato como nos vés tendo afeitos.
Para os demais xogadores preseleccionados que finalmente non fostes seleccionados ánimo e a seguir traballando ;)
Estades todos os seguidores do balonmán convidados a vir ver o evento, a entrada é gratuita
Etiquetas:
selección
Ubicación:Santiago de Compostela
Santiago de Compostela, La Coruña, España
Horarios 30 abril
Este Fin de semana os equipos alevín e benxamín xogan en carballo a derradeira xornada de liga oficial. O Infantil masculino viaxa a Bueu partido difícil. Podense ver os horarios na seguinte táboa.
Etiquetas:
horarios
Ubicación:Santiago de Compostela
Santiago de Compostela, La Coruña, España
martes, 26 de abril de 2016
Campus Balonmán 2016 Colexio Alca
O Colexio Alca vai facer un campus de balonmán para o mes de xullo. Pincha no cartel para ver mais información.
Etiquetas:
Campus
Ubicación:Santiago de Compostela
Santiago de Compostela, La Coruña, España
PREINSCRICIÓN CURSOS DE MONITOR NIVEL I E DE ADESTRADOR TERRITORIAL NIVEL II - A CORUÑA
A Federación Galega de Balonmán, a través da Escola Galega de Adestradores de Balonmán (Área de Formación) e da Área de Deportes da Universidade da Coruña, convocou un curso de monitor de balonmán (Nivel 1) e outro de adestrador territorial (Nivel 2), que se celebrarán na Coruña a partir de comezos do mes de maio.
As persoas interesadas en realizar estes cursos deben facer a pre-inscrición en formación@fgbalonman.com
Etiquetas:
CURSOS
Ubicación:Santiago de Compostela
Santiago de Compostela, La Coruña, España
xoves, 21 de abril de 2016
CAMPUS DE TÉCNICACIÓN DE BALONMÁN JUAN DE DIOS ROMÁN 2016
Etiquetas:
Campus
Ubicación:Santiago de Compostela
Santiago de Compostela, La Coruña, España
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)

