Un deporte, unha pasión...

Primeiro Club de Balonmán en Santiago de Compostela

Conctata con nos no ribadosar@gmail.com

xoves, 9 de xuño de 2016

Peche Tempada 2015/2016

Facendo un pouco de historia, nacemos alá polo ano 2012 cando a Gregorio se lle ocorreu de montar un club específico de balonmán (sen ánimo de lucro), naqueles intres formaban a directiva Gregorio, Maruxa, Aurelio, Ricardo, Quique, Suso e Tino, e co paso do tempo esta directiva foise modificando por diversos motivos quedando ao día de hoxe con, Ricardo (Presidente), Fernando (Secretario), Lorenzo (Tesoureiro) e Quique, Suso, Jean, Juan (Vocais), tamén tivemos distintos adestradores que estiveron moi involucrados cos xogadores. Sen esquecernos das distintas empresas, institucións, amigos que nos axudaron a organizar os distintos eventos en todo este tempo.

Facendo un resumo da tempada 2015/16 ademais das competicións oficiais fixemos xornadas amigables, xornadas de portas abertas, peches de temporadas, asistir a partidos de Asobal (Cangas -Barcelona) con todos os nosos xogadores, colaboración directa coa federación para que xogasen as Guerreiras en Santiago o 7 de outubro e se conseguira un aforo de 3.400 persoas no Multiusos Fontes do Sar, partido retransmitido por tdp en directo, un gran éxito para o balonmán galego e en concreto tamén para nós como entidade representante do balonmán en Santiago.

Estes días tamén contamos con xornadas de portas abertas en todos os adestramentos para os nenos e nenas que queiran probar o balonmán de balde.

O próximo domingo día 19 de xuño facemos o acto de peche da tempada 2015/16 no pavillón Quiroga Palacios durante toda a mañá con actividades para os benxamíns, alevíns, sorteo de agasallos aos asistentes, foto de grupo e partido de xuvenís. Ao rematar temos un xantar para todos aqueles que vos queirades apuntar na casa Grande do Bachao.

Sen mais anímovos que nos sigades apoiando para que entre todos seguir medrando, pouco a pouco e cos pes no chan pero sen deixar de medrar.

PD. Tamén quero aproveitar estas liñas para agradecer a todos aqueles que participaron en calquera tarefa do Club para que todo fose mais sinxelo. Moitas Grazas.

J. Ricardo Vázquez
Presidente






luns, 6 de xuño de 2016

Crónica Torneo Santa Comba

O sábado 4 de xuño celebrouse un torneo organizado polo Clube de Balonman Xallas donde participaron os nosos benxamíns e alevíns. Tratouse do primeiro contacto de estes xogadores co balonmán 7 en pista completa, xa que nestas categorías xógase a minibalonmán (campos e porterías máis pequenas e 5 xogadores por equipo)na competición oficial. Os nosos xogadoras deron o mellor de si, formando un único equipo onde os benxamíns xogaban entre rapaces dous anos maiores sen baixar o nivel. Xogouse durante toda a maña acadando un terceiro posto, trofeo incluído. Parabéns para eles! E parabéns para o equipo gañador o Balonmán Camariñas.
Ademáis os nosos xogadores tiveron a ocasión de ver partidos de balonmán 7 o longo do día, onde xogaron outras categorías como infantís, cadetes e senior. Pincha na foto para ver a galeria.


Dende aquí mostrar o noso agracemento ao Balonmán Xallas por dita invitación. A seguir traballando ....


venres, 3 de xuño de 2016

Xornadas de portas abertas Balonmán en Santiago (Gratuitas)

Dende o Balonmán Ribadosar un ano mais vamos a facer unhas xornadas de portas abertas no mes de xuño ata o día 17 incluido. 

Son unhas xornadas total mente gratuitas dirixidas a nenas e nenos apartires de 6 anos para dar a coñecer o balonmán entre eles, o único requisito e vir con roupa deportiva e gañas de pasalo ben.


Esperamoste !!!!!

Calquera dúbida no correo ribadosar@gmail.com


mércores, 25 de maio de 2016

Crónica e fotos xornada amigable domingo 22 de maio

O pasado domingo 22 de maio celebramos en Santiago unha xornada amigable de Mini balonmán entre os clubs Asociación Deportiva Alca, Balonmán Camariñas, e o Balonmán Ribadosar. Empezamos a xornada ás 10:00 da mañá e estivemos a xogar ata as 12:15 en dúas pistas simultaneamente coas categorías alevín e benxamín, tivemos ocasión de ver como gozaban preto de 80 nenos e a bancada en momentos con bastante público. Ás 12:45 xogamos o partido de copa entre o Ribadosar.es vs BM Camariñas coa vitoria do Camariñas. Unha mañá a tope de balonmán onde todos pasárono moi ben. Podedes ver as fotos picando aquí.


O noso agradecemento a todos os que fan posibles estas xornadas. 
(Colaboradores, Institucions, Voluntarios, Familias, AD.Alca e BM Camariñas)


luns, 16 de maio de 2016

Balonmán domingo 22 de maio

O próximo domingo 22 de maio celebramos unha xornada de balonmán en Santiago.
A Xornada divídese en dúas partes, de 10:00 a 12:15 temos partidos de minibalonmán (benxamín e alevín)  cos clubs invitados de AD Alca e BM Camariñas, e as 12:45 comeza o partido oficial de categoría 2ª div. Infantil Copa delegación entre o Ribadosar.es vs Camariñas. Finalizaremos a xornada a eso das 14:00 horas. Dende aquí aproveitamos para animar a todos aqueles que vos gusta o balonmán que veñades o domingo pola mañan  a encher o Quiroga..


mércores, 11 de maio de 2016

Sábado 14 de maio

Estamos case ao final da tempada, xa empezando a preparar a tempada 2016/2017 organizando equipos, etc.

Os equipos Benxamín e Alevín xa acabaron a su tempada oficial, en breve comunicaremos as datas para partidos amistosos e xornada de peche de tempada.

Os xuvenís tamén acabaron a súa tempada oficial e en breve teremos unha reunión para organizar a tempada que ven.

Os dous equipos infantís que temos aínda lle queda un partido oficial a cada un deles, o equipo mixto este fin de semana descansa e o masculino viaxa a Lalín. Estamos pendentes de varios torneos de fin de tempada en breve comunicaremos as datas.



mércores, 4 de maio de 2016

Horarios sábado 7 de maio

A competición regular de alevín e benxamín xa rematou, agora quedan as fases finais, a competición que sigue activa e a categoría infantil na cal nos temos dous equipos en distintas categorías. Xogan tanto os infantil mixto (Ribadosar.es) coma o infantil Masculino (BM Ribadosar) este sábado no pavillón Quiroga Palacios. Podes ver os horarios na seguinte táboa. Ven animar ao Ribadosar!!!