O pasado domingo 22 de maio celebramos en Santiago unha xornada amigable de Mini balonmán entre os clubs Asociación Deportiva Alca, Balonmán Camariñas, e o Balonmán Ribadosar. Empezamos a xornada ás 10:00 da mañá e estivemos a xogar ata as 12:15 en dúas pistas simultaneamente coas categorías alevín e benxamín, tivemos ocasión de ver como gozaban preto de 80 nenos e a bancada en momentos con bastante público. Ás 12:45 xogamos o partido de copa entre o Ribadosar.es vs BM Camariñas coa vitoria do Camariñas. Unha mañá a tope de balonmán onde todos pasárono moi ben. Podedes ver as fotos picando
aquí.
O noso agradecemento a todos os que fan posibles estas xornadas.
(Colaboradores, Institucions, Voluntarios, Familias, AD.Alca e BM Camariñas)
Ningún comentario:
Publicar un comentario