Un deporte, unha pasión...

Primeiro Club de Balonmán en Santiago de Compostela

Conctata con nos no ribadosar@gmail.com

domingo, 23 de setembro de 2018

Horario adestramento semana do 24 ao 28

Esta semana seguimos cos horarios de adestramento da semana.
Ainda non nos comunicaron os definitivos.


Esta fin de semana temos a festa do deporte, e ademais empeza a competición cadetes e xuvenil. Xogamos na casa, estade atentos as novas

mércores, 19 de setembro de 2018

O Ribadosar en Cadena Cope



No día de onte os responsables do BM Ribadosar estiveron invitados a falar un pouco de balonmán na Cadena Cope.
Queremos  agradecer desde aquí esta oportunidade que temos de promocionar un pouco mais o balonmán en Santiago a Paula Pajaro e a Mariano Raskin, polo apoio que nos están a dar.

Podes escoitar o que se falou nos seguintes links.


Mediodía en Cope + Santiago


Deportes Cope Santiago


https://cbribadosar.blogspot.com/2018/08/inicio-da-adestramentos-tempada-201819.html

venres, 14 de setembro de 2018

Balonmán. Portas abertas en setembro

Xogas ao Balonmán?

Os rapaces e rapazas de #compostela e comarca estades de sorte. En setembro podes vir a probar si che gusta de balde.

Non esperes máis, apúntate no formulario sen compromiso, e ven cos teus amig@s.

Formulario




venres, 7 de setembro de 2018

xoves, 30 de agosto de 2018

Inicio dos adetramentos de #Balonmán en #Compostela


Xa está rodando a máquina do balonmán en #Compostela temporada 2018/19.

No #Ribadosar esta tempada necesitamos nenas e nenos para completar o noso equipo Infantil Feminino, os alevíns e benxamíns.

Todas as nenas e nenos de 7 a 16 anos tedes no mes de setembro a  oportunidade de vir a probar se vos gusta o balonmán.

O único requisito e ter moitas ganas de xogar, querer formar parte do primeiro club de balonmán de #compostela. Esta tempada cumprimos 7 anos.

Apúntate para as xornadas de setembro aquí


https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSdbVPTqkOJN2aXKPOln4BqGMvwyvVYXVvyznKGERUUrMctZOg/viewform



Os horarios para a semana do 3 ao 9 de setembro son os seguintes




luns, 20 de agosto de 2018

Inicio dos adestramentos tempada 2018/19


No Balonmán Ribadosar iniciamos os adestramentos na categoría xuvenil no dia de hoxe. Esta semana faremos os adestramentos no pavillón municipal de Bembibre en Val do Dubra por non dispoñer de pavillóns en Santiago.

Esta previsto o inicio dos adestramentos para as demais categorías a partires do dia 3 de setembro. Estamos pendentes da confirmación dos horarios por parte do Concello de Santiago.



Isto e un anuncio para Nenas e Nenos con idades comprendidas entre 7 e 17 anos que queiran unirse a familia do Balonmán en Compostela. Pasarémolo xenial.