O equipo sénior despois de xogar a copa sponsor
e quedar eliminados nos octavos de final contra o Proquideza BM Loriga, empezamos
a liga regular o sábado 9 xogando a primeira xornada en Chapela.
Estate atento as redes sociais do BM Ribadosar,
xa que en breve empezaran as competicións
das demais categorías
Esta fin de semana empezamos a competición do equipo senior masculino.
Xogamos o sábado 18 as 19:00 horas no pavillón do Restollal a primeira xornada de copa sponsor entre o Balonmán Ribadosar.es e o Proquideza balonmán Loriga.
Nesta ocasión podemos contar con unhas poucas prazas de publico cumprindo as medidas covid19.
Para poder asistir como publico e necesario comprar (Coste cero €) unha entrada previamente.
Sin entrada non se poderá asistir como público.
Escánea este código QR ou pincha aquí para poder comprar a túa entrada
Xa tiñamos gañas de comezar os adestramentos de balonmán en Compostela. Estivemos ata o de agora con todos os preparativos para poder comezar coa maior seguridade, tal como fixemos na tempada pasada.
O mércores día 1 de setembro comezamos os adestramentos de balonmán no Pavillón Quiroga Palacios tal e como indica este calendario provisional que se ira revisando todas as semanas.
Os alevín e benxamín empezan o 17 de setembro de 17 a 18:30
No Ribadosar estamos aplicando o PROTOCOLO FISICOVID-DXTGALEGO polo que se eestablecen as medidas para facer fronte á crise sanitaria ocasionada pola COVID-19 no ámbito do deporte federado de Galicia
Miramos pola túa seguridade e a dos teus
Aínda estas a tempo de apuntarte, Ven a xogar ao Balonmán!!
As eleccións a
presidencia hai que facelas cada 4 anos, no Ribadosar tocounos na pasada
tempada pero por motivos do COVID19 non se puideron celebrar as eleccións a
presidencia.
Neste momento
decidiuse dende a directiva facer a convocatoria e fixemos todo o procedemento con votación electrónica, Neste caso cedeunos
a Federación Galega a súa plataforma para poder emitir os votos.
Para estas eleccións
tivemos un único candidato, Jose Ricardo Vázquez García que tivo o cen por cen dás
votacións emitidas. Deste xeito renova o cargo por 4 anos mais. En breve comunicará
a todos os socios/as quen forma a nova directiva.
Asemblea extraordinaria Club Balonmán Ribadosar 17 agosto 2021
A/A Socio do Club Balonmán
Ribadosar
Mediante a seguinte circular queremos informar aos socios do Club Balonmán
Ribadosar, que o día 17 de agosto celebrase
a asemblea extraordinaria as 21:00 a través de videoconferencia, coa seguinte
orde do día:
1.Elección do
Presidente
2.Rogos e
Preguntas.
A cal poden asistir con voz e
voto todos los socios Numerarios que teñan a cota de socio a dia 30 de maio o
corrente. A votación farase a man alzada ao haber un so candidato.
Para poder asistir e necesario unha inscrición como asistente no seguinte
formulario https://forms.gle/k16hR2p5QRj74i9EA antes do sábado 14 de agosto as 14:00 horas.
Aos
que se inscriban enviaráselle un link de acceso por e-mail .