Un deporte, unha pasión...
mércores, 30 de novembro de 2022
Horarios dos partidos do fin de semana do 3 e 4 de decembro
xoves, 19 de maio de 2022
Programación para o 21 e 22 de maio.
Xa estamos próximos
a finalizar esta tempada, e aquí vos detallamos a actividade do club para esta
fin de sema.
O sábado pola
maña equipo cadete xoga o seu derradeiro partido da tempada contra un duro rival
como e o Abegondo. Desexamos moita sorte aos nosos despois de unha tempada tan
boa como fixeron.
O domingo temos
aos nosos benxamíns liados todo o día. Clasificáronse para a fase final da Copa
Deputación da Coruña que se disputa en Camariñas. Esta fase xogase durante todo
o día, pola maña xogase a fase de grupo e pola tarde as 16:40 horas semifinais Benxamín, as 18:00 3º-4º posto e final benxamín.
De 18:45 a 19:00 horas entregas de trofeos e medallas
Os xuvenís tamén
se clasificaron para a fase final da Copa Federación e xogan as 18:00 horas en Vigo
contra o Reconquista. Partido complicado no que o gañador pasa a semifinal da
copa que se celebrara o próximo fin de semana.
xoves, 12 de maio de 2022
Comunicado da Federación Galega
Este e o comunicado
que nos enviaron dende a Federación Galega de Balonmán con respecto a como quedan
as distintas competicións. Chegouse a estes acordos despois da reunión telemática celebrada onte as 19:00 horas.
No caso noso aféctanos:
En xuvenil masculino
suspendese os cuartos de final da copa sponsor, así que o equipo xuvenil quedou
campión de copa no grupo E
En cadete so se
xoga a copa sponsor (quedan dúas xornadas). Non imos ter cuartos, semifinais e
finais.
En benxamín
modificase a data da Final Four benxamín para o 4 de xuño.
xoves, 28 de abril de 2022
Horarios partidos para o sábado 30 de abril
O próximo fin de
semana o equipo sénior xoga o derradeiro partido da tempada en a Guarda.
Os cadetes teñen a primeira xornada de Copa Sponsor en Narón e o equipo xuvenil despois de gañar ao BM Arousa descansa esta fin de semana.
mércores, 20 de abril de 2022
Horarios dos partidos para o fin de semana
martes, 15 de marzo de 2022
Axenda do Balonmán para o 19 e 20 de marzo
xoves, 3 de febreiro de 2022
Axenda para o sábado 5 e domingo 6 de febreiro
Este fin de semana
estamos a tope de partidos. Recuperamos unhas xornadas que se aprazaron no seu
día en categoría xuvenil e infantil.
Aquí podes
consultar os horarios
martes, 25 de xaneiro de 2022
Axenda para o 29 e 30 de xaneiro
Este fin de semana temos moito balonmán en Compostela.
Os partidos que xogamos no Restollal podes velos in situ ou a través da nosa canle de YouTube en directo.
Os que xogamos no Pavillón Quiroga Palacios so os podes ver si ves polo pavillón xa que dende este pavillón non temos cobertura da rede móbil suficiente para facer o directo.
Asi que este sábado pola tarde temos partidos no Pavillón do Restollal, as 17:00 xogan os xuvenís contra o Lavadores de Vigo e as 19:30 o senior mídese contra o Chapela.
O domingo xogan os cadetes contra o Arteixo no Pav. Quiroga Palacios, os Infantís viaxan a Culleredo e os benxamíns enfróntanse ao Culleredo na xornada de concentración que se fai esta fin de semana en Camariñas.
No cartel e no seguinte cadro podes ver información de horarios.
|
SENIOR MASCULINO |
||||||
|
2ª
AUTONÓMICA MASCULINA - LIGA REGULAR - GRUPO UNICO |
||||||
|
DATA |
SEDE |
LOCAL |
VISITANTE |
HORA |
PAVILLÓN |
H. SAÍDA |
|
29/01/2022 |
Santiago |
BM Ribadosar.es |
Bm Chapela |
19:30 |
||
|
Os xogadores terán que estar 10' antes da saída no Colexio Quiroga
Palacios |
||||||
|
XUVENIL MASCULINO |
||||||
|
1ª FASE
SEGUNDA DIVISIÓN |
||||||
|
DATA |
SEDE |
LOCAL |
VISITANTE |
HORA |
PAVILLÓN |
H. SAÍDA |
|
29/01/2022 |
Santiago |
Bm
Ribadosar |
U.B.
Lavadores Vigo |
17:00 |
||
|
CADETE MASCULINO |
||||||
|
1ª FASE
SEGUNDA DIVISIÓN |
||||||
|
DATA |
SEDE |
LOCAL |
VISITANTE |
HORA |
PAVILLÓN |
H. SAÍDA |
|
30/01/2022 |
Santiago |
Bm
Ribadosar |
Telepizza
Arteixo |
10:30 |
||
|
Os xogadores terán que estar 10' antes da saída no Colexio Quiroga
Palacios |
||||||
|
INFANTIL MASCULINO |
||||||
|
1ª FASE
SEGUNDA DIVISIÓN |
||||||
|
DATA |
SEDE |
LOCAL |
VISITANTE |
HORA |
PAVILLÓN |
H. SAÍDA |
|
29/01/2022 |
Culleredo |
BM
Culleredo |
BM
Ribadosar |
13:00 |
11:00 |
|
|
Os xogadores terán que estar 10' antes da saída no Colexio Quiroga
Palacios |
||||||
|
BENXAMÍN MIXTO |
||||||
|
1ª FASE
SEGUNDA DIVISIÓN |
||||||
|
DATA |
SEDE |
LOCAL |
VISITANTE |
HORA |
PAVILLÓN |
H. SAÍDA |
|
29/01/2022 |
Camariñas |
BM
Ribadosar |
Bm
Culleredo |
12:15 |
10:30 |
|
|
Os xogadores terán que estar 10' antes da saída no Colexio Quiroga
Palacios |
||||||
martes, 18 de xaneiro de 2022
Balonmán, axenda para o 22 e 23 de xaneiro
Este fin de semana xogamos dous encontros na casa e o resto de equipo xogan fora. Aqui podes consultar os horarios
martes, 11 de xaneiro de 2022
Partidos fin de semana 15 e 16 de xaneiro
martes, 4 de xaneiro de 2022
Inicio de competición despois do nadal.
Xa estamos de volta, despois de un pequeno descanso nestas festas de nadal, iniciamos esta fin de semana as competicións cos equipos cadete e xuvenil masculino que viaxan a Culleredo e a Pontevedra respectivamente. O 15 e 16 de xaneiro arrancan as competicións das demais categorías.
O venres día 7 xa temos os adestramentos co horario habitual salvo nos benxamíns e alevíns que iniciaran o adestramento para o próximo venres día 14 de xaneiro.
martes, 14 de decembro de 2021
Balonmán. Derradeira xornada do ano 2021!!
Esta fin de semana xogamos a última xornada do ano 2021.
O sábado pola maña temos partido en Camariñas cos benxamíns, xogamos contra o BM Culleredo. Pola tarde xogamos no pavillón do Restollal co equipo xuvenil contra o Xiria e despois deste partido temos o derbi co bm Xallas en categoría sénior 2ª autonómica.
O domingo os infantís desplazanse a xogar contra o CP Lucense en Lancará, por ter o seu pavillón en reformas.
Tamén o domingo os cadetes viaxan a Camariñas, que xogaran no pavillón Victor Vigo.
Esperamos que todos/as desfrutedes desta xornada.
Estades convidados a vir animar aos equipo no Restolllal, entrada libre!!!
mércores, 1 de decembro de 2021
Horarios partidos balonmán para o sábado 4 de decembro
O próximo sábado
4 de decembro as 19:30 xogamos co equipo
sénior no Pavillón do Restollal contra o BM Luceros, o equipo cangues vai
liderando a competición.
Contamos con
todos vos animando ao equipo sénior no Pavillon do Restollal entrada libre.
Os demais equipos
do BM Ribadosar descansan esta fin de semana.
martes, 9 de novembro de 2021
Horarios de partidos para o sábado 13 de novembro
Este fin de
semana estamos a tope de balonmán en Compostela.
O sábado 13 dende as 10:00 da maña ata as 20:00 horas temos balonmán das distintas categorías.
Mira os horarios no cartel e pásate pola maña polo pavillón Quiroga Palacios (en conxo) ou pola tarde no pavillón do Restollal (ao lado do Corte Inglés).
Tamén poderás ver os partidos de xuvenil e sénior por streaming na nosa canle de youtube.
Que non cho conten!! ven ao Balonmán..
mércores, 27 de outubro de 2021
Partidos de balonmán para o sábado 30 e domingo 31 de outubro
Este fin de
semana esperámoste nos pavillóns de Quiroga Palacios e do Restollal para animar
aos teus equipos. Non te quedes sen entradas (son a cero euros).
Partido Senior
Entradas Streaming
Partido Xuvenil
Partido Cadete
Partido Infantil
Entradas Streaming
domingo, 29 de agosto de 2021
Inicio dos adestramentos tempada 21/22
Chegou o momento!!
Xa tiñamos gañas de comezar os adestramentos de balonmán en Compostela. Estivemos ata o de agora con todos os preparativos para poder comezar coa maior seguridade, tal como fixemos na tempada pasada.
O mércores día 1 de setembro comezamos os adestramentos de balonmán no Pavillón Quiroga Palacios tal e como indica este calendario provisional que se ira revisando todas as semanas.
Os alevín e benxamín empezan o 17 de setembro de 17 a 18:30
No Ribadosar estamos aplicando o PROTOCOLO FISICOVID-DXTGALEGO polo que se eestablecen as medidas para facer fronte á crise sanitaria ocasionada pola COVID-19 no ámbito do deporte federado de Galicia
Miramos pola túa seguridade e a dos teus
Aínda estas a tempo de apuntarte, Ven a xogar ao Balonmán!!
mércores, 5 de maio de 2021
Programación para o fin de semana do 7/9 de maio
Este fin de semana os cadetes xogan este venres pola tarde o partido aprazado en Arteixo, e o domingo co BM Lucus no Quiroga Palacios. Moi importantes puntuar nestes dous partidos, xa nos xogamos pasar a eliminatoria pola Final Four. Pasan os 4 primeiros de cada grupo.
Os infantís e os alevíns xogan o domingo en Lugo a derradeiras xornada desta fase. Cos infantís empezamos esta tempada moi resentidos polas baixas de xogadores, pero agora a final de tempada co apoio dos alevíns están a progresar moito. Os alevíns rodáronse moito en categoría infantil e veulles ben a hora de competir na súa categoría, a falta de dúas xornadas seguen no segundo posto.
Os equipos sénior e xuvenil masculino xa acabaron as súas fases para esta tempada. O equipo senior tivo unha segunda fase con unha progresión moi boa sempre dando un pouco mais. O ultimo partido contra o Carnes do Ribeiro perdeuse de 3 goles levándonos na táboa clasificatoria do 1º posto ao 3º empatados co 2º a puntos. De gañar este partido pasariamos a xogar a Final Four.
O Equipo xuvenil este ano estivo moi tocado polas lesións, o que imposibilitou ao equipo loitar por estar ai arriba. Moitos ánimos para todos os lesionados e pronta recuperación.
O Equipo cadete feminino a falta dunha xornada para acabar a liga de prata seguen clasificadas no segundo posto, e clasificadas xa para xogar a Final Four. Esperemos que as lesións non nos impidan participar.
mércores, 21 de abril de 2021
Horarios partidos para o 24 e 25 de Maio
Este fin de semana temos partidos.
Sábado pola mañá o
equipo alevín xoga dúas xornadas en
Santa Comba, os cadete masculino xogan en Santiago contra o SD Eume, pola tarde o equipo senior ten a ultima
xornada da grupo pola Final Four contra o Carnes do Ribeiro con opcións de
clasificarse para xogar a Final Four.
Domingo pola mañá
xoga infantil masculino no Quiroga Palacios, o xuvenil masculino no Restollal e
o cadete feminino tócalle viaxar a Culleredo.













