Un deporte, unha pasión...

Primeiro Club de Balonmán en Santiago de Compostela

Conctata con nos no ribadosar@gmail.com

mércores, 16 de febreiro de 2022

Crónica Mini. Axenda para o 19 e 20 de xaneiro

Éxito na organización da xornada de minibalonmán

O Sábado 12 pola mañá celebramos a xornada 9ª de mini balonmán e Santiago. Visítannos os equipos de Santa Comba, Carballo, Abegondo, Culleredo, Camariñas e Coruña.

Nesta ocasión tamén nos visitou a concelleira de deportes de Santiago Ésther Pedrosa, estivo con nos uns intres vendo como se desenrolaba o evento.

A directiva do CB Ribadosar e o seu presidente queren agradecer a todos os que colaboraron para que sairá todo tan ben. Moitas grazas.


Pincha nesta foto para ver a galería


Cartel de partidos para o fin de semana.










venres, 11 de febreiro de 2022

Xornada de mini balonmán en Compostela

Fin de semana a tope de Balonmán en Santiago.

O Sábado pola mañá celebramos a xornada 9ª de mini balonmán e Santiago. Visítannos os equipos de Santa Comba, Carballo, Abegondo, Culleredo, Camariñas e Coruña, e unha gran festa do Balonmán en Santiago de Compostela. 

Esperámoste no pavillón de Santa Isabel para ver aos mais pequenos. Para asistir como público e necesario certificado covid19.

Sábado pola tarde xa no pavillón de O Restollal os xuvenís xogan as 17:00 horas e as 19:30 o equipo sénior. Entrada libre e streaming por YouTube para os dous partidos.

Domingo pola mañá no pavillón de Quiroga Palacios as 10:00 os infantís e as 12:15 os cadetes. 

Así que non tes desculpa.

Que non cho contén ‼️Vive o #balonmán 💪





xoves, 3 de febreiro de 2022

Axenda para o sábado 5 e domingo 6 de febreiro

Este fin de semana estamos a tope de partidos. Recuperamos unhas xornadas que se aprazaron no seu día en categoría xuvenil e infantil.

Aquí podes consultar os horarios




martes, 25 de xaneiro de 2022

Axenda para o 29 e 30 de xaneiro

Este fin de semana temos moito balonmán en Compostela. 

Os partidos que xogamos no Restollal podes velos in situ ou a través da nosa canle de  YouTube en directo.

Os que xogamos no Pavillón Quiroga Palacios so os podes ver si ves polo pavillón xa que dende este pavillón non temos cobertura da rede móbil suficiente para facer o directo.

Asi que este sábado pola tarde temos partidos no Pavillón do Restollal, as 17:00 xogan os xuvenís contra o Lavadores de  Vigo e as 19:30 o senior mídese contra o Chapela.

O domingo xogan os cadetes contra o Arteixo no Pav. Quiroga Palacios, os Infantís viaxan a Culleredo e os benxamíns enfróntanse  ao Culleredo na xornada de concentración que se fai esta fin de semana en Camariñas.

No cartel e no seguinte cadro podes ver información de horarios. 


SENIOR MASCULINO

2ª AUTONÓMICA MASCULINA - LIGA REGULAR - GRUPO UNICO
Xornada 14

DATA

SEDE

LOCAL

VISITANTE

HORA

PAVILLÓN

H. SAÍDA

29/01/2022

Santiago

BM Ribadosar.es

Bm Chapela

19:30

Mun. O Restollal

Os xogadores terán que estar 10' antes da saída no Colexio Quiroga Palacios
*****Os partidos que se xoguen
na casa temos que estar 45 minutos antes *****

XUVENIL MASCULINO

1ª FASE SEGUNDA DIVISIÓN
Xornada 13

DATA

SEDE

LOCAL

VISITANTE

HORA

PAVILLÓN

H. SAÍDA

29/01/2022

Santiago

Bm Ribadosar

U.B. Lavadores Vigo

17:00

Mun. O Restollal

CADETE MASCULINO

1ª FASE SEGUNDA DIVISIÓN
Xornada 13

DATA

SEDE

LOCAL

VISITANTE

HORA

PAVILLÓN

H. SAÍDA

30/01/2022

Santiago

Bm Ribadosar

Telepizza Arteixo

10:30

Quiroga Palacios

Os xogadores terán que estar 10' antes da saída no Colexio Quiroga Palacios
*****Os partidos que se xoguen
na casa temos que estar 45 minutos antes *****

INFANTIL MASCULINO

1ª FASE SEGUNDA DIVISIÓN
Xornada 11

DATA

SEDE

LOCAL

VISITANTE

HORA

PAVILLÓN

H. SAÍDA

29/01/2022

Culleredo

BM Culleredo

BM Ribadosar

13:00

Almeiras

11:00

Os xogadores terán que estar 10' antes da saída no Colexio Quiroga Palacios
*****Os partidos que se xoguen
na casa temos que estar 45 minutos antes *****

BENXAMÍN MIXTO

1ª FASE SEGUNDA DIVISIÓN
Xornada 5 Xornada Aprazada en decembro

DATA

SEDE

LOCAL

VISITANTE

HORA

PAVILLÓN

H. SAÍDA

29/01/2022

Camariñas

BM Ribadosar

Bm Culleredo

12:15

Victor Vigo

10:30

Os xogadores terán que estar 10' antes da saída no Colexio Quiroga Palacios
*****Os partidos que se xoguen
na casa temos que estar 45 minutos antes *****

martes, 18 de xaneiro de 2022

Balonmán, axenda para o 22 e 23 de xaneiro

 Este fin de semana xogamos dous encontros na casa e o resto de equipo xogan fora. Aqui podes consultar os horarios 






martes, 11 de xaneiro de 2022

martes, 4 de xaneiro de 2022

Inicio de competición despois do nadal.

Xa estamos de volta, despois de un pequeno descanso nestas festas de nadal, iniciamos esta fin de semana as competicións cos equipos cadete e xuvenil masculino que viaxan a Culleredo e a Pontevedra respectivamente. O 15 e 16 de xaneiro arrancan as competicións das demais categorías.

O venres día 7 xa temos os adestramentos co horario habitual salvo nos benxamíns e alevíns que iniciaran o adestramento para o próximo venres día 14 de xaneiro.