Un deporte, unha pasión...

Primeiro Club de Balonmán en Santiago de Compostela

Conctata con nos no ribadosar@gmail.com

mércores, 15 de febreiro de 2023

Horarios para o sábado de entroido


A semana pasada acabou a primeira fase de Liga regular do equipo xuvenil no que acadaron o 4º posto da táboa, quedando a tan so 2 puntos do segundo clasificado.

Este sábado xogan os xuvenis contra o BM Chapela as 20:00 horas en Chapela, e os infantis en Vigo as 12:00 contra o Iberconsa Reconquista Vigo.

Os equipos cadete, alevín e benxamín esta fin de semana descansan.



martes, 7 de febreiro de 2023

Horarios para o fin de semana 11 e 12 de febreiro

 A estas alturas da tempada, o equipo infantil xa acabou a primeira fase de liga quedando nun moi bo sexto posto para un equipo con moitas caras novas. A seguir traballando para ver que tal se nos da a segunda fase, seguro que ben. Este fin de semana xogamos o sábado no Quiroga Palacios contra o Garaysa Xiria B.

O equipo Xuvenil xoga o seu derradeiro partido da primeira fase en viveiro. Os cadetes xogan contra o culleredo no Quiroga Palacios o sábado pola tarde.

Os benxamín e alevín descansan esta fin de semana.

Xa sabes este sábado partidos no Quiroga, todos no Quiroga. e o domingo a Viveiro. Recorda que temos autobús para os socios/as. Apúntate!!






martes, 24 de xaneiro de 2023

martes, 17 de xaneiro de 2023

Xornada de mini balonmán en Santiago

O próximo sábado 21 de xaneiro celebramos en Santiago no pavillón de Santa Isabel a sétima xornada de mini balonmán en categorías alevín e benxamín.

Esta e un xornada de concentración da liga provincial de min balonmán. Asisten equipos de Culleredo, Carballo e de Santiago.

O domingo 22 de xaneiro no pavillón Quiroga Palacios xogan os equipos infantil e cadete contra o Oar Coruña 1952.

O equipo xuvenil este fin de semana descansa.

Fin de semana cheo de balonmán en Compostela.











mércores, 11 de xaneiro de 2023

Xa estamos de volta do Nadal

Despois do descanso de nadal, os nosos equipos xa están a pleno rendemento, iniciados os adestramentos e a competición.

O próximo fin de sema, xoga o equipo xuvenil no pavillón do Restollal a decima xornada de liga contra o BM Culleredo Óptica Gallaecia, equipo que vai liderando a táboa.

O equipo infantil viaxa a Coruña para medirse co Academia Pluralia Linea 21 que esta no terceiro posto na táboa clasificatoria.

Os equipos benxamín, alevín e cadete descansan esta xornada. 

Todos no Restollall!!