Un deporte, unha pasión...

Primeiro Club de Balonmán en Santiago de Compostela

Conctata con nos no ribadosar@gmail.com
Amosando publicacións coa etiqueta #minibalonmán #benxamín #Santiago #balonmán. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta #minibalonmán #benxamín #Santiago #balonmán. Amosar todas as publicacións

martes, 17 de xaneiro de 2023

Xornada de mini balonmán en Santiago

O próximo sábado 21 de xaneiro celebramos en Santiago no pavillón de Santa Isabel a sétima xornada de mini balonmán en categorías alevín e benxamín.

Esta e un xornada de concentración da liga provincial de min balonmán. Asisten equipos de Culleredo, Carballo e de Santiago.

O domingo 22 de xaneiro no pavillón Quiroga Palacios xogan os equipos infantil e cadete contra o Oar Coruña 1952.

O equipo xuvenil este fin de semana descansa.

Fin de semana cheo de balonmán en Compostela.











mércores, 30 de marzo de 2022

Resumo da xornadas pasadas e axenda para o fin de semana

 A estas alturas da tempada temos o equipo xuvenil que xa acabou a competición, acadando na segunda fase da competición o segundo posto por detrás do UBM Lavadores Vigo, parabéns. Agora toca seguir adestrando ata finais de maio.

O equipo sénior xogou contra un BM Luceros con moitas baixas na primeira liña o que fixo que o equipo se resentira e nos levara a perder o partido. Próxima xornada partido no Restollal  contra o Proquideza Loriga, partido difícil contra o segundo clasificado.

Os cadetes viaxaron a Cañiza con baixas importantes que fixo que se resentira un pouco o equipo e  que o Xestaservi BM Cañiza soubo aproveitar para facerse co marcador. A próxima xornada xogamos no Quiroga Palacios contra o Teucro, segundo clasificado.

Os infantís perderon na casa contra o BM Linea 21 por falta de ritmo en ataque e moitos fallos defensivos. Na próxima xornada viaxamos a Arteixo a disputar o ultimo partido da tempada.

Os benxamíns xogaron en Camariñas. Viaxamos co numero mínimo de xogadores. A pesares de que xogaron moi ben o BM Abegondo gañou os catro tempos. Este fin de semana organizamos a xornada 7 de minibalonmán en Santiago no Pavillón Quiroga Palacios. Xoganse os partidos a unha sola pista.

Programación para o fin de semana