Un deporte, unha pasión...
martes, 15 de agosto de 2023
Oferta de emprego (Adestrador)
mércores, 26 de xullo de 2023
Reunión coa Concelleira de Deportes de Santiago de Compostela
mércores, 28 de xuño de 2023
Nova directiva do Ribadosar
Comunicación
Nova directiva no Club Balonmán Ribadosar
A remuda na presidencia do Club Balonmán Ribadosar tivo lugar formalmente na asemblea extraordinaria celebrada ás 20:30h do luns 26 de xuño nas instalacións da Real Federación Galega de Fútbol, localizada no Estadio Municipal Vero Boquete de San Lázaro.
A única candidatura apresentada para a presidencia foi a do profesor da Universidade da Coruña Roberto Samartim, quen estará acompañado na vicepresidencia por Patricia Rodríguez Botana, na Tesouraría por Santiago Suárez Gómez ‑ambos ligados laboralmente ao sector da banca e responsábeis nesta nova fase pola área económica do clube‑ e na secretaria por Marta Solla Villaverde, xestora na Universidade de Santiago de Compostela (USC). A coordenación deportiva estará ao cuidado de José Manuel Brea Floriani e Ezequiel Álvarez Castro, ambos docentes da USC, e a área de comunicación será agora responsabilidade de María Balboa Castelo e Félix Díaz López, emprendedora no sector do turismo rural e docente de sistemas informáticos, respetivamente.
Tanto a directiva entrante, na voz do novo presidente, como a nutrida afluencia de persoas asociadas ao Ribadosar presentes na asemblea agradeceron e recoñeceron de xeito unánime o labor incontornábel realizado pola directiva sainte e, nomeadamente, por Ricardo Vázquez, quen estivo ligado ao clube desde a sua fundación en 2012 e foi seu presidente desde 2014 até a actualidade.
O novo presidente, Roberto Samartim, dirixiuse á asemblea para apontar, tamén, o que serán os obxectivos a curto e medio prazo do Ribadosar nesta nova etapa. Por un lado, dar continuidade ao legado de Vázquez, quen, en palabras de Samartim, “fixo do Ribadosar un espazo seguro e unha comunidade acolledora tanto para as crianzas como para as familias que escolleron desfrutar e educar co balonmán na comarca de Santiago”. Por outro lado, a nova directiva do Ribadosar tenciona estender a práctica do balonmán nas Terras de Compostela a todas as idades, tamén á categoría senior, reforzando especialmente as súas Escolas de Balonmán e consolidando as categorías benxamín e alevín misto, acrecentando tamén equipas femininas federadas ás categorías infantil, cadetes e xuvenís masculino actualmente existentes.
![]() |
| As nosas equipas |
O clube ten abertas neste momento as inscricións para o próximo curso 2023-2024 a través da web www.ribadosar.es
xoves, 22 de xuño de 2023
Convocatoría de Asemblea Ordinaria e Extraordinaría
A/A Socio/a do Club Balonmán Ribadosar
Mediante a seguinte circular quero informar aos socios/as do Club Balonmán Ribadosar, que o día 26 de xuño de 2023 celebrase a asemblea ordinaria en primeira convocatoria as 20:00 e en segunda convocatoria as 20:30 horas na sede da Real Federación Galega de Fútbol na sala Fernando Vázquez sito no Estadio Municipal Vero Boquete de San Lázaro, Porta 4,15703 Santiago de Compostela.
Os Socio/as teñen que vir provistos
co carnet de socio/a ou DNI, coa seguinte orde do día:
1.
Presentación
2.
Aprobación
conta tempada 22/23
3.
Rogos e
Preguntas.
A continuación da asemblea ordinaria celebrase a asemblea extraordinaria, coa seguinte orde do día:
1.
Elección do
Presidente
2.
Cambio de
domicilio social do club.
3.
Rogos e
Preguntas.
A cal poden asistir con voz e
voto todos los socios/as Numerarios que teñan a cota de socio a dia 8 de xuño o
corrente.
Elección a presidencia do Ribadosar. Listado definitivo
luns, 19 de xuño de 2023
Elección a presidencia do Ribadosar. Listado provisional
Seguimos co proceso para a elección dunha persoa para a presidencia do Ribadosar. Onte acabou o prazo para a presentación de candidaturas. So se presentou a seguinte candidatura.
Listado provisional:
Roberto Samartin
López-Iglesias, numero de socio 350
Temos de prazo para reclamacións
ata o día 21 de xuño as 20:00 horas.
Calquera reclamación hai que
dirixila a través do e-mail ribadosar.info@gmail.com
O 22 de xuño publicase a lista definitiva.

