Un deporte, unha pasión...

Primeiro Club de Balonmán en Santiago de Compostela

Conctata con nos no ribadosar@gmail.com

mércores, 25 de maio de 2016

Crónica e fotos xornada amigable domingo 22 de maio

O pasado domingo 22 de maio celebramos en Santiago unha xornada amigable de Mini balonmán entre os clubs Asociación Deportiva Alca, Balonmán Camariñas, e o Balonmán Ribadosar. Empezamos a xornada ás 10:00 da mañá e estivemos a xogar ata as 12:15 en dúas pistas simultaneamente coas categorías alevín e benxamín, tivemos ocasión de ver como gozaban preto de 80 nenos e a bancada en momentos con bastante público. Ás 12:45 xogamos o partido de copa entre o Ribadosar.es vs BM Camariñas coa vitoria do Camariñas. Unha mañá a tope de balonmán onde todos pasárono moi ben. Podedes ver as fotos picando aquí.


O noso agradecemento a todos os que fan posibles estas xornadas. 
(Colaboradores, Institucions, Voluntarios, Familias, AD.Alca e BM Camariñas)


luns, 16 de maio de 2016

Balonmán domingo 22 de maio

O próximo domingo 22 de maio celebramos unha xornada de balonmán en Santiago.
A Xornada divídese en dúas partes, de 10:00 a 12:15 temos partidos de minibalonmán (benxamín e alevín)  cos clubs invitados de AD Alca e BM Camariñas, e as 12:45 comeza o partido oficial de categoría 2ª div. Infantil Copa delegación entre o Ribadosar.es vs Camariñas. Finalizaremos a xornada a eso das 14:00 horas. Dende aquí aproveitamos para animar a todos aqueles que vos gusta o balonmán que veñades o domingo pola mañan  a encher o Quiroga..


mércores, 11 de maio de 2016

Sábado 14 de maio

Estamos case ao final da tempada, xa empezando a preparar a tempada 2016/2017 organizando equipos, etc.

Os equipos Benxamín e Alevín xa acabaron a su tempada oficial, en breve comunicaremos as datas para partidos amistosos e xornada de peche de tempada.

Os xuvenís tamén acabaron a súa tempada oficial e en breve teremos unha reunión para organizar a tempada que ven.

Os dous equipos infantís que temos aínda lle queda un partido oficial a cada un deles, o equipo mixto este fin de semana descansa e o masculino viaxa a Lalín. Estamos pendentes de varios torneos de fin de tempada en breve comunicaremos as datas.



mércores, 4 de maio de 2016

Horarios sábado 7 de maio

A competición regular de alevín e benxamín xa rematou, agora quedan as fases finais, a competición que sigue activa e a categoría infantil na cal nos temos dous equipos en distintas categorías. Xogan tanto os infantil mixto (Ribadosar.es) coma o infantil Masculino (BM Ribadosar) este sábado no pavillón Quiroga Palacios. Podes ver os horarios na seguinte táboa. Ven animar ao Ribadosar!!!


mércores, 27 de abril de 2016

XIII CAMPIONATO GALEGO DE SELECCIÓNS PROVINCIAIS

Este fin de semana 1 de maio celébrase en Lalín o Campionato Provincial de Seleccións, no cal están seleccionados dous xogadores do noso equipo infantil Teo e Felipe, Felipe non poderá participar por unha lesión, desde aquí queremos darlle o noso máximo apoio para unha pronta recuperación. 

Parabén aos dous e para ti Teo desexámosche un excelente campionato como nos vés tendo afeitos.


Para os demais xogadores preseleccionados que finalmente non fostes seleccionados ánimo e a seguir traballando ;)

Estades todos os seguidores do balonmán convidados a vir ver o evento, a entrada é gratuita




Horarios 30 abril

Este Fin de semana os equipos alevín e benxamín xogan en carballo a derradeira xornada de liga oficial. O Infantil masculino viaxa a Bueu partido difícil. Podense ver os horarios na seguinte táboa.




martes, 26 de abril de 2016

Campus Balonmán 2016 Colexio Alca

O Colexio Alca vai facer un campus de balonmán para o mes de xullo. Pincha no cartel para ver mais información.