Un deporte, unha pasión...

Primeiro Club de Balonmán en Santiago de Compostela

Conctata con nos no ribadosar@gmail.com

xoves, 13 de decembro de 2018

Horarios para o 15 e 16 de decembro


O próximo fin de semana facemos un xantar de nadal toda a familia do balonmán Ribadosar.

No cartel podes ver a programación do fin de semana, partidos e xantar.

Boas Festas,


martes, 27 de novembro de 2018

Asemblea Ordinaria 2018 / 2019

Convócase a todos os socias/os do Club Balonmán Ribadosar, a Asemblea Ordinaria a celebrar o próximo 11 de decembro as 19:15 en primeira convocatoria e as 19:45 en segunda convocatoria, no Centro Sociocultural e Xuvenil O Ensanche (Rúa de Frei Rosendo Salvado 16, Santiago de Compostela).

Aproveita para facer as túas aportacións ou reclamacións do funcionamento que esta a ter o club, así como para aclarar calquera dubida que teñas sobre calquera tema relacionado co desenvolvemento da actividade ordinaria.

Colabora co Club Balonmán Ribadosar.
Contamos coa túa asistencia
Traballamos para os teus fill@s


Horarios para o 1 e 2 de decembro

Para o próximo fin de semana os equipos benxamíns e alevíns  e o infantil masculino Level Fabrics descansan.
O Infantil masculino BM Ribadosar.es e o infantil feminino BM RibadosarIF xogan en Santiago o sábado pola mañan no Pavillón Quiroga Palacios.
O Cadete BM Ribadosar Táboa Asesores e o Xuvenil BM Ribadosar Amancio Deportes viaxan o domingo pola mañan a Pontedeume.
Pincha no cadro para ver mais detalles


Para a seguinte semana dende o día 6 ata o 9, non haberá adestramentos nin competición de ningunha categoría.

martes, 20 de novembro de 2018

Horarios de Balonmán 24 e 25 de novembro


Despois de un fin de semana de Balonmán a tope en Santiago, chéganos unha tarde do sábado 24 a tope. Desta vez imos estar  a cabalo entre o Pavillón Quiroga Palacios coas categorías Infantil masculina e feminina e no Restollal  coas categorías Cadete e Xuvenil  masculino.

Os  dous equipos  Alevíns e o Benxamín  Bm Ribadosar Alca Épsilon viaxan na mañan do sábado a 
Camariñas, disputaran a segunda xornada de mini balonmán.

O domingo 25 o equipo infantil Ribadosar Level Fabrics viaxa ata Pontedeume.

Todos eles partidos moi fermosos de ver, non vos perdades  vir animar aos vosos equipos.

Por certo, tamén podedes vir a comprar a túa participación de lotaría de nadal coa que xogamos no Ribadosar. Non quedes sen ela, vai tocar!!!