Un deporte, unha pasión...
mércores, 17 de marzo de 2021
Horarios para o fin de semana dos días 19, 20 e 21 de marzo
mércores, 10 de marzo de 2021
Horarios para os partidos do 13/14 de marzo
Este fin de
semana o equipo sénior xoga o último partido da primeira volta contra o BM
Lucus Parrillada Abel. Un partido difícil no que tentaremos seguir mellorando e
intentar sacar algún punto.
O equipo xuvenil
e Infantil masculino xogan a xornada 1 da liga prata grupo A. Os xuvenís
enfróntanse na casa contra o BC360 ED Poio Artai e os infantís nesta ocasión
viaxan a oleiros para xogar contra o BM Atlántico.
O Cadete feminino
despois da vitoria na casa contra o CP Lucense xogan esta semana o 2ª xornada
da liga prata en Coruña contra o BM Brigantium.
O Cadete
masculino despois de perder na 1ª xoranda da liga prata contra o G. Lemaco Xiria, descansa esta xornada.
Esta semana tamén
se esta a probar o control de acceso aos adestramentos coa aplicación de Cluber,
con isto seguimos traballando na nosa idea de acabar co papel na nosa xestión. Seguimos traballando con #sentidiño para a
mellorar a seguridade de todos/as e a protección
contra a COVID19 dos nosos/as xogadores/as e técnicos.
Estade atentos as
n osas redes, na medida das nosas posibilidades
tentaremos retransmitir os partidos dos nosos equipos en directo.
Polo ben de todos/as actúan con #sentidiño en todas as túas accións, non so no 40x20.
martes, 2 de marzo de 2021
Partidos fin de semana
Este fin de semana inicia a segunda fase de competición os equipos cadetes, tanto o masculino coma o feminino. Xa están publicados os calendarios na nosa web. https://sites.google.com/site/ribadosar/equipos pincha sobre a túa categoría e podes ver clasificacións e calendarios
martes, 23 de febreiro de 2021
Iniciamos a actividade!!
A raíz do parón que tivemos polas restricións da COVID19 tivemos que adaptar a nosa actividade.
Todos os nosos equipos estiveron adestrando cos seus adestradores a través de videoconferencia. Sabemos que non es o mesmo pero aproveitamos para facer mais análise de partidos, mellora física e técnica individual. Foi moi ben acollida polos xogadores/as. A directiva e os técnicos do club están moi contentos co compromiso que mostraron todos/as xogadores/as con esta etapa que nos tocou vivir.
Dende o luns 22 de febreiro xa estamos adestrando coas mesmas condicións que estabamos antes do parón, aplicando o protocolo FISICOCOVID-DXTGALEGO.
De cara as competicións estamos a espera de que se publiquen de novo os calendarios da segunda fase de competición coas adaptacións do calendario, publicarémolo na web nos próximos días.
Mentres tanto vanse xogar distintos partido que quedaron aprazados da 1ª fase. Este sábado dia 27 de febreiro xogamos as 18:00 horas no Pavillón do Restollal o partido de categoría sénior masculino 2ª Autonómica entre os equipos BM Ribadosar.es vs Parrillada la Ronda Arteixo, podelo seguir pola nosa canle de instagram.
Dende o Balonmán Ribadosar pedímosche a máxima responsabilidade coa aplicación dos distintos protocolos e ante dubida preguntar ou moito sentido común. E polo teu ben e o de todos.
luns, 8 de febreiro de 2021
Asemblea Xeral Ordinaria do BM Ribadosar
O 16 de febreiro
as 19:45 celebraremos a Asemblea Xeral Ordinaria do Club Balonmán Ribadosar a través
de videoconferencia.
Agradecer dende aquí
a Federación Galega de Balonmán o préstamo da conta de zoom para poder facer a
asemblea, xa que para poder facer as votacións ten que ser unha conta de pago
da que non dispoñemos no Balonmán Ribadosar.
Para poder
acceder a asemblea comunicóuselle en prazo e forma aos socios/as os prazos e a
forma de inscribirse, desta forma temos o control de asistentes.
Enviaráselles por privado aos socios/as inscritos un link de acceso a asemblea.
mércores, 13 de xaneiro de 2021
Horarios partido para o sábado 16 de xaneiro
Este sábado xogan o equipo cadete feminino no Pavillón Quiroga Palacios e o equipo sénior no Pavillón do Restollall. Todos eles a porta pechada para previr da covid19.
Podes ver os
partidos en directo por streaming a través do instagram do Ribadosar.
Os equipos Xuvenil Masculino, Cadete Masculino e Infantil masculino acabaron a primeira fase e estan a espera da publicación dos calendarios da segunda fase.
Este fin de semana non
xogan, prevese que empezaran o fin de semana do 23/24 de xaneiro.
luns, 4 de xaneiro de 2021
Horarios para o Martes 5 de xaneiro
Mañá dia 5 de xaneiro as 11:00 xogase no Restollal partido aprazado da xornada 5
BM Ribadosar Amancio Deportes Vs BM Culleredo Bermudez Ulloa.
Podes seguilo en directo polo instagram do BM Ribadosar.
Balonmán Ribadosar (@bmribadosar) • Fotos y videos de Instagram







