Un deporte, unha pasión...

Primeiro Club de Balonmán en Santiago de Compostela

Conctata con nos no ribadosar@gmail.com

martes, 20 de marzo de 2018

Horarios previos a Semana Santa

Este fin de semana non tes desculpa, temos balonmán na capital galega sábado e domingo. Todos os partidos no Pavillón Quiroga Palacios. (Estate atento por si temos que cambiar de pavillón a ultima hora)

Categoría Cadete:

                O Ribadosar Amancio deportes segue subindo postos na fase final, con moi bos partidos en toda a fase. Este fin de semana ten dobre xornada  xogando o Sábado na casa contra o BM Xiria Hierros Urbieta e o domingo en Culleredo contra o BM Culleredo Técnicos 115.

                O Ribadosar Táboa Asesores esta de segundo na táboa con un ascenso moi bo nesta copa Federación. Tamén dobran xornada,  o sábado na casa e o domingo en Lugo  contra o Bm Lucus Recambios Infra.

Categoría Infantil:

                O BM Ribadosar Masculino dobra xornada, pero esta vez xoga na casa os dous partidos.
Despois de viaxar a Viveiro o pasado fin de semana a xogar o partido de ida da fase final e vir con unha vitoria, este fin de semana o sábado xogan contra o Viveiro o partido aprazado polo temporal.
O domingo en Santiago empezan coa copa xogando contra o BM Línea 21 O Abade.

                O BM Ribadosar Feminino despois de un parón de 3 semanas empezan coa copa en Santiago  o sábado pola maña xogando contra o C. Polideportivo Lucense.

Alevín e benxamín:
                Este fin de semana descansan ata o dia 7 de abril que temos xornada en Santiago.   
Xa están colgados os novos calendarios (Copa benxamín), podes consultalo na sección de alevín e benxamín.

En Semana Santa paramos os adestramentos. Inicio da actividade normal o luns 2 de abril.



Novos Horarios


Ningún comentario:

Publicar un comentario