En categorías
alevín e benxamín descansan esta semana
As xogadoras
do equipo infantil feminino acabaron a 1ª fase de competición, estamos a
esperas de que de comezo a copa para o próximo día 24 de marzo.  
No infantil feminino  no que levan de competición puidemos ver unha
boa progresión dende os inicios da tempada  ata o de agora, vese que a pesar de ser un
equipo configurado coa metade das xogadoras de idade Alevín esta collendo
confianza e empezan a verse mellor no campo. Moito animo e a seguir traballando
en equipo para poder medrar.
O infantil
masculino despois de acabar a 1º fase facendo moi  bo xogo,  vai xogar a fase  final da zona norte  a disputar o 9º ou 10º posto da zona norte
contra o BM Viveiro a dous partidos. Este domingo toca na casa as 12:30 no
Pavillón Quiroga palacios. 
Para o dia
24 de marzo empezara a copa. 
En categoría
cadete dobramos xornada cos dous equipos. 
Ribadosar Táboa
Asesores despois da vitoria en Narón moi merecida,  xoga no pavillón Quiroga Palacios, o sábado as
16:45 contra o Linea 21 Básculas Veiga e o domingo as 10:30 o partido aprazado
por pingueiras contra o Lucus Recambios Infra .
Ribadosar
Amancio Deportes  despois de varios
partidos de “infarto” resolvéndose  nos últimos
segundos pola mínima, empeza a 2ª volta da fase final enfrontándose o sábado as
18:30 no pavillón Quiroga Palacios ao BM Nova xestión Pabellón   (1º
clasificado) e o domingo as 13:00 en Culleredo contra o BM Culleredo Técnicos
115 (2º Clasificado) . Partidos moi complicados os que vamos con moita forza.
Así que este
fin de semana non vos podedes perder o balonmán na capital galega.
Todos con
eles no Quiroga Palacios, sábado tarde e domingo pola mañan.   
Esperámoste...
Recorda que no seguinte link a partires dos martes podes ver
os horarios do seguinte fin de semana, localización de pavillóns, así como
apuntarte para o bus  www.ribadosar.es/horarios-partidos
 
 
Ningún comentario:
Publicar un comentario