Un deporte, unha pasión...

Primeiro Club de Balonmán en Santiago de Compostela

Conctata con nos no ribadosar@gmail.com

martes, 3 de abril de 2018

Crónica e horarios

Na xornada pasada, moi boas sensacións cos equipos infantil Masculino e feminino no inicio da copa federación, onde os dous se fixeron  cos dous puntos.

Na Copa Federación  cadete o Ribadosar Táboa Asesores dobrou xornada despois de 3 vitorias consecutivas, non puido co Bm Lucus Recambios Infra que foi moi superior nesta ocasión.

Na fase Final cadete o Ribadosar Amancio Deportes tivo dobre xornada. O sábado pola tarde no pavillón de Fontiñas xogou contra o BM Xiria Hierros Urbieta,  onde os nosos se fixeron coa vitoria con bastante comodidade. O domingo viaxaron a Culleredo partido aprazado polo temporal , un partido complicado do que os nosos saíron derrotados por un gol de diferencia. Moi moa sensación co equipo que respondeu en todo momento.

Xa estamos de volta despois do parón de Semana Santa.

Este sábado dia 7 de abril tócalle ao Balonmán Ribadosar sede de minibalonmán. Xogase no pavillón Quiroga Palacios a partires das 10:00 ata as 14:00 horas. Veñen a Santiago, equipos de categorías alevín e benxamín de distintos lugares, Camariñas, Arteixo, Carballo, Santa Comba, Zas, promete unha boa xornada de minibalonmán para os mais cativos.

Tamén o sábado pola tarde o Ribadosar Amancio Deportes de categoría cadete viaxa a Tui para disputar o ultimo partido de esta fase.

O Ribadosar Táboa Asesores xoga o domingo no pavillón Quiroga Palacios contra o BM Narón.

Os Equipos de categoría infantil tanto masculino coma feminino descansan esta xornada.

Moita sorte para todos, e a desfrutar de estas fermosas xornadas de balonmán.

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario