Para este ano, o Concello de Santiago de Compostela conta con 28 prazas para a 1ª
quenda (do 29 de xuño ao 5 de xullo) na que poderán participar os rapaces e
rapazas empadroados en Santiago e nados nos anos 2004, 2003, 2002, 2001 e 2000.
Para inscribirse, é preciso que presenten, en calquera dos Rexistros do Concello, a
seguinte documentación:
- Ficha de inscrición debidamente cuberta e asinada polos pais ou titorla do solicitante.
- Unha foto de carné.
- Fotocopia da tarxeta sanitaria.
- Fotocopia do Libro de familia ou carné de identidade.
- Copia de aboamento da cota de inscrición. (Posterior á confirmación da praza por parte do Concello). (A cota de inscrición son 85 q
- No caso de tratamento específico ou doenza que haxa que ter en conta, xustificante médico asinado polo facultativo pertinente. IMPORTANTE facer constar as alerxias alimentarias ou de calquera outro tipo.
Os Rexistros do Concello son:
- Rexistro Xeral : RI Presidente Salvador Allende, 4 Baixo (Galeras)
- Rexistro Auxiliar CERSIA empresa: Avda. do Alcalde Raimundo López Pol s/n.(San Lázaro)
- Rexistro Auxiliar do Ensanche: Rúa Frei Rosendo Salvado, 14-16 (Centro Sociocultural)
No caso de ter máis solicitudes que prazas asignadas pola Deputación, o Concello
realizará un sorteo diante do Secretario, unha vez rematado o prazo de inscrición.
Na páxina web da Deputación da Coruña www.dicoruna.es está toda a información
necesaria sobre esta actividade podéndose imprimir a inscrición correspondente
(Tríptico) .
Para calquera dúbida poden chamarnos ao Departamento de Deportes ao teléfono 981 528 730
9,00 a 14,00 horas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario