Moi firmes saltaron á pista as españolas, con Silvia Navarro marcando o territorio desde o inicio e aproveitando os dous primeiros goles de Marta Mangué e Carmen Martín para comezar mandando (2:0 min. 3). A pesar da súa desvantaxe inicial, Austria recompúxose ante os seguintes ataques españois que pecaban de buscar en exceso a zona central, pero a igualdade no electrónico foi máis que efémera. Dous contraataques consecutivos elevaron a tres a diferenza e obrigaron ao técnico austriaco a solicitar o seu primeiro tempo morto do partido (5:2 min. 9).
As instrucións desde o banco austriaco non serviron de revulsivo no seu conxunto, que non paraba de acumular perdas de balón ante un firme 6:0 español no que Patricia Elorza e María Núñez brillaban con luz propia mentres crecía a distancia no marcador (8:2 min. 15).Tras as primeiras rotacións nas locais, chegou a primeira inferioridade pola exclusión de Patricia Elorza. Exclusión que non acusou o equipo español, capaz de manter, da man dunha incisiva Nely Carla Alberto, os sete de diferenza sen excesiva dificultade.
Os minutos de menor nivel chegaron para España na recta final do primeiros trinta minutos. Custou moito facer gol e Austria armouse de maior paciencia para finalizar a través do seu extremo dereito Grausenburguer. Pese ao pequeno bajón, un contraataque materializado por Marta López e outro máis de Haridian Rodríguez, provocando un sete metros sobre a bucina, serviron para deixalo todo como estaba ao chegar ao descanso (13:6 descanso).
A falta de ideas en ataque coa que saltaron as rapazas de Dueñas tralo descanso provocou a reacción austriaca e o tempo morto de Donas (14:9 min. 35) que serviu para reactivar ás súas. Alexandrina Barbosa, algo desacertada na primeira metade, asumiu a responsabilidade e protagonizou o parcial de 3:0 que devolvía a tranquilidade (17:9 min. 37).
As saídas de Carmen Martín, en principio cunha contusión, e de Lara González, co ligamento lateral interno do seu xeonllo dereito afectado segundo a primeira exploración en pista, arrefriaron o ánimo das españolas. As dúbidas volveron ao ataque, pero a gran intensidade atrás serviu para manter estables as diferenzas e entrar na recta final do partido sen apreturas (20:14 min. 53).
A brillantez dos últimos compases da man dos extremos e as intervencións de Zoqbi baixo paus permitiron redondear o triunfo e deixar a diferenza final na máxima do partido, +10 (25:15 final).
ESPAÑA 25 (13+12): Navarro, Zoqbi de Paula, López (5), Martín (3), Núñez (2), Alberto (3), Fernández, Mangué (5), Pinedo (2), Pena (1), González, Elorza (2), Egozkue, Rodríguez, Cabral (2).
AUSTRIA 15 (6+9): Blazek, Herrmann, Kaiser (1), Frey (1), Goricanec (2), Bauer (1), Logvin, Stanic, Dedic (1), Kovacs, Grausenburger (3), Engel (5), Budecevic, Huber (1), Rath, Ivancok.
ÁRBITROS: Leandersson y Lindroos (Finlandia). Excluyeron a Kaiser y Dedic por Austria y a Nerea Pena y Patricia Elorza por España.
INCIDENCIAS: Pabellón Fontes do Sar de Santiago de Compostela. 3.400 espectadores.
Ningún comentario:
Publicar un comentario