Un deporte, unha pasión...

Primeiro Club de Balonmán en Santiago de Compostela

Conctata con nos no ribadosar@gmail.com

mércores, 26 de abril de 2017

Crónica partidos, e horarios para o 29 de abril

O pasado fin de semana os infantís fixeron un gran partido contra o BM Pontedeume, permanecendo invito ata o de agora na copa Delegación. O equipo despois de moito traballo esta dando os seus froitos, dende aquí animamos a todo o conxunto a seguir gozando e traballando con moita intensidade.

A semifinal de copa Federación do equipo cadete xogábase o sábado o partido de ida, non se puido xogar no Quiroga Palacios por un problema que tivo o arbitro asignado, tivo que aprazarse o partido para sábado 29 de abril as 12:00 no Quiroga Palacios.
O Partido de volta xogouse o domingo as 18:00 horas en Moaña onde ao final do partido impúxose o Moaña por 9 goles de diferenza, despois de moito desgaste dos nosos. Foi un partido moi igualado ata o minuto 19 do segundo tempo, onde a partires de ahí a falta de concentración xogounos unha mala pasada.

Temos un partido complicado para gañar a eliminatoria pero coa forza de todos podémolo conseguir.
Os alevíns e os benxamíns desta volta non puideron traer puntos de Camariñas, a seguir traballando.

Este fin de semana  os Infantís descansan, Alevíns van a Carballo e os Cadetes xogan o derradeiro partido da semifinal no Quiroga.

Podes ver os horarios con máis detalle no seguinte cadro.



Ningún comentario:

Publicar un comentario