Un deporte, unha pasión...

Primeiro Club de Balonmán en Santiago de Compostela

Conctata con nos no ribadosar@gmail.com

martes, 13 de xuño de 2017

Peche da tempada 2016/17

Un ano mais chegamos ao peche da tempada. Xa cumprimos 5 anos,  estamos a preparar todo de cara a próxima para intentar mellorar, pero antes queremos despedir a esta como se merece, con un cartel para este fin de semana de infarto, nunca se veu tanto Balonmán en Compostela como desta.

Vamos  comezar o venres día 16 de xuño co peche das escolas no Colexio Quiroga Palacios. Empezaremos a iso das  16:00 horas onde se lle fará a entrega a todos os xogadores da camiseta do quinto aniversario do club, as 16:15 xogos de quecemento, as 16:30 comezaremos cos partidos de BM7 entre os distintos equipos, as 17:20 partido dos alevíns Ribadosar contra o equipo de nais e pais e as 17:50 empezaremos ca entrega de diplomas e foto de peche da escola.

O sábado 17 en Santiago celebrase o dia do deporte 2017, o Ribadosar vai a estar no campo de fútbol de Santa Isabel a partires das 16:30 ata as 20:30, no que poderemos desfrutar dunha estupenda tarde de balonmán ao aire libre. Para poder participar soamente tendes que traer roupa deportiva, moitas ganas de xogar, e vir ben descansados. Estades todos convidados, non vos perdades esta ocasión de desfrutar e ao mesmo tempo facer ver o voso deporte preferido na capital galega.

Programa festa do deporte

O domingo xa no escenario habitual do balonmán en Compostela, non nos iamos esquecer do pavillón que temos de referencia e que tantas horas pasamos nel (Quiroga Palacios), vamos a facer varios partidos cos equipos que posiblemente saquemos para a próxima tempada, en infantil tanto masculino coma feminino e tamén co cadete masculino.
Os xogadores terán que estar as 10:30 para comezar coa seguinte distribución:
11:00 a 11:40 Infantil Masculino
11:50 a 12:30 Infantil Feminino
12:40 a 13:30 Cadete masculino

E logo para repoñer forzas, vamos a comer ao Hotel o Congreso (Nos Tilos) a iso das 14:30


Dende a directiva estamos a organizar todos estas actividades con moito esforzo, polo que e moi posible que teñamos moitos erros. Dende aquí queremos aproveitar para pedirvos desculpas por se as cousas non saíron todo o ben que se quería. Tamén dicirvos que vos animamos a que vos unades a directiva para facer mais forte este club.


Tamén agradecer a todos os adestradores, técnicos, membros da directiva, Concello de Santiago, Federación Galega de Balonmán,  así coma a todos os colaboradores  a súa labor e compromiso durante toda a tempada. Grazas !!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario