Un deporte, unha pasión...

Primeiro Club de Balonmán en Santiago de Compostela

Conctata con nos no ribadosar@gmail.com

martes, 19 de setembro de 2017

Presentación de equipos 17/18

O sábado 23 de setembro estamos de  celebración no Pavillón Quiroga Palacios, temos a presentación dos equipos a partires de categoría infantil para a tempada 2017/18.
 
Esta tempada temos unha novidade moi boa para o balonmán na nosa cidade, xa que puidemos facer un grupo de 13 nenas para xogar en categoría Infantil, co que iso nos leva a non perder como xa nos ten pasado outras tempadas a xogadores moi boas. 

En masculino este ano contamos con equipo infantil con moita ilusión, e en categoría cadete polo volume de xogadores tivemos que sacar dúas liñas, tamén están a traballar moi duro a pesares do pouco espazo que temos para adestrar.
En categorías benxamín e alevín aínda estamos formando os equipos. Están os prazos abertos para todos aqueles que queirades vir a probar ata finais de setembro de xeito gratuíto.

Aquí vos queda o cartel da presentación, vinde animar aos vosos fillos e fillas e unídevos ao Ribadosar.




Tamén comentarvos que xa están publicados os calendarios dos equipos cadetes. Podédelos ver na nosa web no apartado de equipos/cadetes.

Agradecementos a todos os nosos colaboradores xa que de este xeito faise todo moito mais sinxelo levar a diante este proxecto. 

Si tes unha empresa, negocio e queres colaborar con nos, ponte en contacto a través do email: ribadosar@gmail.com  e vemos as distintas modalidades adaptándoas as túas necesidades.

Esperámoste o sábado no Quiroga Palacios. 



Ningún comentario:

Publicar un comentario