Xa estar a chegar o Nadal e os equipos do BM Ribadosar están a xogar os derradeiros partidos do ano 2017.
Así, o sábado as nosas xogadoras infantís viaxan a Lugo e imos todos con elas para ver si traemos unha nova victoria.
En infantil masculino descansan e non xogan ata despois das vacacións de Nadal. Pechan o ano con moi boa posición na táboa, o que non quita de seguir traballando para mellorar.
O domingo 17 de decembro temos un día completo. Ás 10:00 xogaremos un partido de categoría alevín entre dous dos nosos equipos, para logo seguir durante toda a mañá con dous partidos de categoría cadete masculino. (O detalle no cadro máis abaixo)
Completamos a xornada cun xantar para todos os que formamos a gran familia do balonmán en Santiago, no restaurante O Afiador, na Rúa de San Pedro, ás 15:00.
O próximo 23 de decembro xogaremos en Camariñas o partido de categoría benxamín, aplazado na xornada do pasado día 9.
Ningún comentario:
Publicar un comentario